"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • PERSOEIRO

    Compositor finlandés. Coñecido como Jean Sibelius, dirixiu a estrea das súas obras máis notables, das que destacan sete sinfonías (1898-1924), Finlandia (1899) e un Concerto para violín (1903). Autor de obras para piano e para cuarteto de corda (1909), de cancións, cantatas e obras corais, ademais de Kullervo (1891), sinfonía para solistas, coro e orquestra, e Myrsky (A Tempestade, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Interesado polo cubismo en París, en 1915 regresou a Bos Aires, onde expuxo Chica bajando la calle Florida (1924), que o converteu no líder da vangarda escultórica arxentina. Fixo o primeiro relevo abstracto de América do Sur, titulado Puesta de sol (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión oriental de Rusia, que se estende tradicionalmente sobre toda a parte setentrional de Asia, desde os Urais ao Pacífico e desde o Océano Ártico ás planicies desérticas de Kazakhstán, Mongolia e Manchuria (10.000.000 km2; 30.000.000 h).
    Xeografía
    As principais rexións fisiográficas de Siberia son: a planicie de Siberia Occidental, a penechaira de Siberia Central, as montañas de Siberia Meridional (Altai, Sajan Occidental, Sajan Oriental, montañas de Tuva, Baikal e Transbaikal), o sistema orográfico do NL, as serras de Verkhojansk e o altiplano de Kolyma. O clima é cru e extremadamente continental. O solo conxélase en profundidade, e a capa conxelada perennemente ocupa máis de 6 millóns de km2. A maioría dos ríos, incluíndo os máis grandes e caudalosos (Obi, Irtyš, Ienisei e Lena) desembocan cara ao Océano Ártico. Os ríos navegables suman máis de 100.000 km. Os máis empregados para o transporte son o Obi, co Irtyš, o Ienisei, o Lena co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte de Rusia asiática comprendida entre os Urais ao O e o Ienisei ao L (2.800.000 km2; 15.253.000 h [1985]). A parte máis grande é a chaira de Siberia Occidental, con zonas fisiográficas ben definidas, desde a tundra ao N, ata a estepa ao S. Ao SL álzanse as serras de Altai, Salair, Alatau e Kuzbass. A cidade principal é Novosibirsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Rusia asiática comprendida entre o Ienisei ao O, e a divisoria hidrográfica do Pacífico ao L (7.200.000 km2; 9.750.000 h [1985]). Fisiograficamente divídese entre as chairas de tundra, a penechaira de Siberia Central (a parte máis extensa) e a zona montañosa do SL, Sajan, Zabajkal e Kolyma. A cidade principal é Krasnojarsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, situado entre as illas de Novosibirsk e Wrangel (936.000 km2). Nel desembocan os ríos Indigirka, Kolyma, Alazeja e Khroma. Os portos principais son Pevek, Tabor e Ambarčik.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo N da gran chaira eurasiática de Tajmyr, comprendida entre os ríos Ienisei e Lena. Cunha lonxitude de 1.400 km por uns 600 de anchura, está formada por amplas depresións moi pantanosas. O clima é continental subártico e a vexetación de tundra ou bosque-tundra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente a Siberia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a China e a Tibet, conxuntamente, e ás linguas sino-tibetanas.

    2. Phylum de linguas do SL de Asia. Comprende linguas como o chinés, o tibetano, o birmano, o bárico e o carénico. Algúns autores tamén inclúen nela as linguas miao e yao, faladas en diversos lugares do SO de China. OBS: Tamén se denomina linguas indochinesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema Ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Intérprete e profesor en París, compuxo a ópera Romeu e Xulieta (1790), concertos para piano e sonatas para violín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • substituíble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • suprasensible.

    VER O DETALLE DO TERMO