"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista mexicano. Escribiu narrativa, teatro, reportaxes, crónicas e guións de cine. Da súa produción destacan La polvareda y otros cuentos (1959), La voz dolorida (1961), Los albañiles (1963, Premio Biblioteca Breve), Pueblo rechazado (1969), El juicio (1972), A fuerza de palabras (1977), Los periodistas (1978), El evangelio de Lucas Gavilán (1979) e Asesinato (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia da cortiza das plantas leñosas, construída por un tecido suberoso laxo, a través do que é posible o cambio de gases entre a atmosfera e os tecidos internos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (800 m alt) situado entre as parroquias de Corvelle (Vilalba) e Castromaior (Abadín).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declaración pola que alguén expresa que non se opón á realización de algo determinado e establecido previamente.

    2. Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.

    3. Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.

    4. Procedemento administrativo que se utiliza para aplicar os réximes de licencias de importación. Require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con outra documentación, distinta da necesaria para os efectos arancelarios, como condición para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador. Distínguese entre licencias automáticas e non automáticas.

    5. Concesións que fai un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.

    6. licencia absoluta

      Licencia que se concede aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.

    7. licencia de explotación

      Autorización que concede o titular dunha patente a un terceiro, para a súa utilización en determinadas condicións.

    8. licencia de exportación/ importación

      Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regulamenta a súa comercialización.

    9. licencia de obra

      Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de licenciar ou licenciarse.

    2. Militar que rematou o seu servizo e recibiu a licenza absoluta ou exención definitiva do servicio.

      1. Persoa que, segundo o regulamento universitario medieval, vixente con algunhas variacións ata o s XIV, posuía o título de ensinano superior, acadado despois do de bacharelato mediante a práctica pública do ensino durante un tempo determinado. Era necesario para obter, despois dun exame previo, o grao de doutor nas facultades de teoloxía, dereito (civil e canónico) e medicina.

      2. Persoa que obtivo, nunha facultade universitaria, o grao que o habilita para exercer unha profesión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de licenciar ou licenciarse.

    2. Acto en que se recibe o grao de licenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar licencia ou permiso a alguén.

    2. Conceder a licencia absoluta a un soldado.

    3. Conceder o título de licenciado a alguén.

    4. Obter alguén o grao de licenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grao que se obtén nunha facultade universitaria ao rematar os estudios e que habilita para exercer unha profesión determinada.

    2. Acto en que se concede o grao de licenciado.

    3. Estudios que se realizan para obter o grao de licenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se deixa levar por unha liberdade excesiva, entregado a costumes relaxados e a vicios, especialmente sexuais.

    2. Que toma demasidas liberdades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos licénidos.

    2. Insecto da familia dos licénidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, de pequeno tamaño, onde a maioría dos machos e algunhas femias son de cor azul brillante. Son macrolepidópteros diúrnos ropalóceros, que adoitan formar grandes grupos cando se achegan ás pozas de auga. OBS: Tamén se denominan popularmente azuliños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Campo en que se realizaban paradas militares, na antiga Grecia, situado ao L de Atenas, ao pe do Licabeto e preto do santuario de Apolo Liceo. Pericles fundou alí un ximnasio que, máis tarde, foi sede da escola peripatética de Aristóteles (335 a C). Filipo V de Macedonia destruíuno e o nome pasou a designar propiamente a escola filosófica de Aristóteles e, co paso do tempo, os edificios públicos en que se celebraban exercicios literarios e filosóficos.

    2. Asociación dedicada á promoción social ou cultural que se fundou en Europa ao longo do s XIX, asociada a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos. Desde mediados do s XIX detectouse na Galicia urbana un importante movemento asociativo, de carácter recreativo e cultural, que amosou a incipiente diversificación social. Vinculados especialmente a grupos de artesáns e clases medias urbanas, dos numerosos liceos que se crearon en Galicia destacan o Liceo Artístico de Lugo (1867), Liceo Coruñés, fundado en 1846 co nome de Sociedad Artística y Literaria de La Coruña; Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela (1847), que foi refundado no antigo convento de Santo Agostiño en 1854; Liceo de Artesanos de Ferrol (1855); Liceo de Vigo (1877); e Liceo Recreo de Artesanos de Ourense (1850).

    3. Centro educativo de ensino secundario, chamado así nalgúns países como Francia e Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación recreativa e cultural creada o 1 de xaneiro de 1847 en Santiago de Compostela. As súas actividades remataron en 1848, pero cara a 1854 fundouse no antigo convento de Santo Agostiño un novo liceo denominado Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela. Esta nova asociación aglutinou a mocidade intelectual, dos que destacaban Murguía, Rodrigues Seoane e Paz Novoa e Pondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cuadrimestral que apareceu en 1926 por iniciativa dos estudiantes. Reapareceu entre xaneiro de 1930 e outubro de 1932, e tivo unha terceira etapa que comezou en 1948. Publicada polo colexio teolóxico do convento franciscano de Santiago de Compostela, orixinalmente era unha revista de temática xeral pero co tempo dirixiuse cara a temas da realidade histórica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario literario editado na Coruña entre o 8 de marzo e o 31 de maio de 1846. Impreso nos obradoiros tipográficos de Puga, tivo como director a Xosé Puente Brañas. Foi o órgano da sociedade El Liceo e nel colaboraron destacados escritores como Vicente Turnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de espectáculos construída en Barcelona por iniciativa do Liceu Filharmònico-Dramàtic Barcelonès, inaugurado en 1867. O edificio contaba cunha capacidade para 3.500 espectadores, tiña cinco andares e platea, polo que no momento da súa construción estaba considerado como un dos máis grandes do mundo. Sufriu un incendio en 1861 e outro en 1994. Co apoio institucional e cidadán construíuse un novo edificio no mesmo lugar, que se reabriu o 7 de outubro de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación obreira secreta que naceu como unha escisión da Liga dos Proscritos en 1836, integrada por elementos radicais de orixe proletaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Exerceu a crítica literaria no Jornal do Brasil e das súas obras destacan Perto do Coraçao selvagem (1943), A maça no escuro (1961), A paixão segundo G. H. (1964) e Via Crucis do corpo (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Escribiu máis dun centenar de zarzuelas, que oscilaron entre as de pequena extensión e a revista. Da súa produción destacan Los presupuestos de Villapierde, El mozo crúo, Episodios nacionales, Los tres maridos burlados, La corte del Faraón (1910) e La capa encantada, con texto de Jacinto Benavente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e etnógrafo. Capitán do exército vinculado ás JONS, durante a Guerra Civil Española uniuse aos sublevados e foi xefe de hospitais de Valladolid. Crítico co Franquismo, despois da guerra viuse involucrado no desvío irregular de aceite, polo que pasou catro anos na prisión de Carabanchel. Publicou traballos referidos a Galicia, dos que destacan Dicionario castellano-gallego. [...] en el lenguaje popular (1935), Tres andrómenas con retrouso (1952) e Refraneiro Galego, libro de refráns recollidos da fala dos soldados e con colaboracións de Vicente Risco, Xoaquín Lorenzo e Martínez Barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no lugar da Vila (Lobeira). É de orixe románica pero sufriu transformacións posteriores. Ten unha soa nave con cuberta de canón, e no interior destacan as tallas de san Bieito, san Ramón e san Vicente, así como unha imaxe da Inmaculada do retablo policromado. Da construción orixinal consérvase o muro N e unha porta lateral cun arco apoiado sobre impostas decoradas.

    VER O DETALLE DO TERMO