"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de quilo no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e profesora. Catedrática de Literatura Española na Universitat Autónoma de Barcelona e estudosa da literatura castelá, publicou La escuela de Barcelona (1988, XVI Premio Anagrama). Con Te deix, amor, la mar com a penyora (1974) gañou o Premio Puig i Llensa da revista Recull e posteriormente escribiu Una primavera per a Domenico Guarini (1981, Premi Prudenci Bertrana 1980), Joc de Miralls (1989, Premio Ramon Llull), Dins el darrer blau (1994, Premi Josep Pla, Premi Crexells e Premio Nacional de Narrativa 1995) e La meitat de l’anima (2003, XLIV Premi Sant Jordi).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de I. Fuller e traballou con P. Lely. Destacou como retratista dos reis británicos así como de personaxes da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. A súa obra inscríbese na corrente da música repetitiva e minimalista. Creador de bandas sonoras para diversos filmes, da súa produción destacan Rainbow in Curved Rain (1969), Le secret de le Vie Phillips (1974), No Man’s Land Plainisphare (1985), Red Stremms (1999) e Requiem for Adam (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo francés. Colaborou na obra científica do seu mestre Pasteur desde 1876 en traballos sobre o carbuncho e a rabia, obra que continuou en diversas direccións que o levaron ao descubrimento da toxina diftérica ou á introdución da seroterapia. Foi director do Institut Pasteur desde 1904 ata a súa xubilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e historiador da Igrexa. Orixenista, gañou a inimizade de san Xerome e dos seus, pero permaneceu fiel a Oríxenes ata a morte. Foi ordenado presbítero por Xoán II de Xerusalén. Residiu entre os monxes do deserto de Nitria e de Palestina. Coas súas traducións, foi un dos máis grandes transmisores das letras eclesiásticas gregas no Occidente latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Foi director do Museo Arqueológico Nacional e colaborou en diversas publicacións progresistas, como La Reforma e La Tribuna del Pueblo. Como poeta, con certos trazos románticos, destacan Elegías (1862) e Las estaciones del año (1879). Tamén escribiu dramas románticos, como Bernardo de Saldaña (1848) e a novela El beso de Judas (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sacrilexio.

    2. Que ou quen cometeu sacrilexio.

    3. Que implica sacrilexio.

    4. Aplícase a un sacramento celebrado sen autorización ou sen ser investido quen o celebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación ou profanación dunha persoa, cousa ou lugar sagrados. Ligado á mentalidade primitiva regulada polo tabú, e referido ao furto de obxectos sagrados dun santuario, o concepto foi ampliado a toda ultraxe contra a divindade e castigado coa pena capital como un atentado contra o estado e os seus deuses. O Antigo Testamento castigaba coa morte ao profanador do sábado. Pecado contra a virtude da relixión, no dereito canónico especifícanse tres variantes: persoal, contra as persoas consagradas a Deus; real, contra os obxectos sagrados; e local, contra lugares sagrados.

    2. Atentado contra algo que merece respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección inflamatoria da articulación sacroilíaca, como a que se pode observar na espondilartrite anquilosante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, I marqués de Halifax. Foi membro do consello privado de Carlos II e opúxose á persecución dos católicos e á exclusión (1679-1680) do duque de York, o futuro Xaime II, da sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que silencia.

    2. Dispositivo que, colocado na boca dalgunhas armas de fogo, diminúe o ruído dos disparos para que pasen desapercibidos ou para dificultar a localización da arma.

    3. Dispositivo que, montado no tubo de escape dos motores de explosión ou na tobeira dos motores de reacción, amortece o ruído que producen os gases expulsados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gardar silencio sobre algo.

    2. Facer calar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de todo son ou ruído.

    2. Feito de estar alguén sen falar e sen facer ruído.

    3. Feito de non expresar alguén a súa opinión ou algunha información.

    4. Cada un dos dous intervalos que separan os ruídos cardíacos.

      1. Breve intervalo que indica a ausencia de música e canto.

      2. Signo gráfico posto no pentagrama para indicar a interrupción do son. Na notación actual correspóndelle a cada figura de duración un signo de silencio.

    5. Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou un recurso que lle foi presentado. Constitúe un acto administrativo de omisión, que pode ser positivo (efecto estimatorio) ou negativo (efecto desestimatorio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que garda silencio.

    2. Que está ou se fai en silencio.

    3. Que non fai ruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou matas, da familia das cariofiláceas, con follas enteiras e opostas, flores pentámeras dispostas en cimas, e froitos en cápsula de dehiscencia dental. En Galicia pódense atopar diversas especies coma S. gallica, S. latifolia, S. littorea e S. nutans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de construción que consiste en romper a concordancia das regras gramaticais e atender á concordancia de sentido.

    2. Figura que consiste en tomar unha palabra no seu sentido propio e figurado ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO