sacrilexio

sacrilexio

(

  1. s m [RELIX]

    iolación ou profanación dunha persoa, cousa ou lugar sagrados. Ligado á mentalidade primitiva regulada polo tabú, e referido ao furto de obxectos sagrados dun santuario, o concepto foi ampliado a toda ultraxe contra a divindade e castigado coa pena capital como un atentado contra o estado e os seus deuses. O Antigo Testamento castigaba coa morte ao profanador do sábado. Pecado contra a virtude da relixión, no dereito canónico especifícanse tres variantes: persoal, contra as persoas consagradas a Deus; real, contra os obxectos sagrados; e local, contra lugares sagrados.

  2. s m

    Atentado contra algo que merece respecto.