"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario checo. Renovou a crítica literaria checa con Boje o zítrek (Batallas para o mañá, 1905), Duše a dílo (A alma e a obra, 1913), Básnická osobnost Dantova (A personalidade poética de Dante, 1921) e Šaldův Zápisník (O noticiario de Salda, 1928-1937), entre outras. Os seus dramas exerceron unha grande influencia no teatro checo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liberación cirúrxica de adherencias que envolven as trompas de Fallopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Potenciou un cambio de orientación na pedagoxía universitaria de acordo coas novas correntes educativas. Sobresaíu no campo da socioloxía da educación, a pedagoxía comparada, a pedagoxía cibernética e na teoría de sistemas. Escribiu Constantes y coincidencias pedagógico-bisociológicas (1969), Cibernética y educación (1969), Cibernética del aprendizaje (1976), La función del pedagogo en la sociedad actual (1979), Cibernética de lo humano (1984), Pedagogia de Tirant lo Blanc (1991) ou Relacions entre el cervell i la ment (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa constituída en 1905 para unificar as diversas correntes socialistas. Destacaron o Parti Socialiste de France de J. Guesde e E. Vaillant e o Parti Socialiste Français, dirixido por J. Jaurès. De definición marxista nos seus inicios, axiña se impuxo o reformismo humanitario e universalista de Jaurès. Asasinado este, o partido participou en gobernos de guerra, o que determinou que en 1920 a maioría da organización se escindise e fose creado o Parti Communiste. En 1934 aliouse con radicais e comunistas na Fronte Popular (1936-38), que levou á presidencia a León Blum. Co réxime de Vichy, o partido separouse ata 1968, cando se abriu un período de discusión entre as correntes socialistas, que levou á constitución do Parti Socialiste (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da química en que as determinacións analíticas son levadas a termo cunha mostra da orde do centigramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á bebida que ten un sabor entre o doce e o seco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Coñecida como Lisette Model, comezou fotografando persoas anónimas nas rúas de París, cando fuxiu do nazismo. Casada co pintor Evsa Model e instalada en Nova York (1938), colaborou no laboratorio fotográfico dirixido por Rhalp Steiner, no xornal PM’s Weekly, onde publicou a súa serie Promenade des Anglais (1934), e nas revistas Harpper’s Bazaar, Look ou Paris Match.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Swazilandia (3.780 km2; 15.569 h [1986]). A súa capital é Nhlangano (6.540 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Articulación inmóbil ou de movementos moi restrinxidos na que os ósos están unidos por tecido fibroso ou fibrocartilaxinoso.

      2. sínfise pubiana

        Articulación dos dous ósos ilíacos entre eles.

      3. sínfise sacroilíaca

        Articulación dos dous ósos ilíacos co sacro.

    1. Adherencia anormal que se produce entre dúas membranas serosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licuefacción do corpo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (612-621). Elixido rei polos nobres, sucedeu a Gundemaro. O seu xeneral Réquila dominou os asturianos rebeldes, mentres que Suintila someteu os vascos. Derrotou os bizantinos do patricio Cesario en dúas batallas e reduciu os seus territorios ao Algarve. Home culto, foi autor dun poema Astronomicon, sobre a influencia dos astros, e tamén de diversas epístolas en que refutaba o arianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (631-636), duque da Narbonesa ou Septimania. Rebelouse contra o Rei Suintila e destronouno (631), despois de invadir a Tarraconense ata Zaragoza. No IV Concilio de Toledo (633) demandou a confirmación do seu título real e fíxose unxir por insinuación de Isidoro de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción dun soluto co disolvente en que se atopa disolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Normas adoptadas pola ISO para a codificación estándar de documentos electrónicos con independencia do sistema informático empregado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Meryl Streep, comezou a súa carreira no teatro. Da súa filmografía destacan Kramer vs Kramer (1979, Oscar á mellor actriz en 1980 e Golden Globe en 1981), The French Lieutenant’s Woman (1980, Golden Globe en 1982), Sophie’s Choice (Oscar á mellor actriz en 1982 e Golden Globe en 1983), Out of Africa (1985), Postcards from the Edge (1990), The House of Spirits (1994), The Bridges of Madison County (1995), Music of the Heart (1999), Adaptation (2002, Golden Globe en 2003) e The Hours (2002, Silberner Bär en 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa alemá. Estudou fotografía en Berlín (1930), onde traballou en estudios de diferentes retratistas e para Kodak. Abriu un estudo en Berlín (1938) e logo en Detmold (1945). Free lance desde 1950, nesta década fixo os seus retratos máis famosos de artistas, empresarios e políticos do país. Membro das sociedades fotográficas alemás, publicou Das manipulierte Menschenbildins (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e enxeñeiro francés. Proxectou unha planificación da cidade de Amiens. Fixo o altar maior (1483) e, en 1490, o coro, o pórtico e o rosetón da fachada principal da catedral de Amiens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote, ao N de Arrecife (12.392 h [2001]). Está composto por varias illas.

    VER O DETALLE DO TERMO