Section Française de l’Internationale Ouvrière
Organización política francesa constituída en 1905 para unificar as diversas correntes socialistas. Destacaron o Parti Socialiste de France de J. Guesde e E. Vaillant e o Parti Socialiste Français, dirixido por J. Jaurès. De definición marxista nos seus inicios, axiña se impuxo o reformismo humanitario e universalista de Jaurès. Asasinado este, o partido participou en gobernos de guerra, o que determinou que en 1920 a maioría da organización se escindise e fose creado o Parti Communiste. En 1934 aliouse con radicais e comunistas na Fronte Popular (1936-38), que levou á presidencia a León Blum. Co réxime de Vichy, o partido separouse ata 1968, cando se abriu un período de discusión entre as correntes socialistas, que levou á constitución do Parti Socialiste (1971).