sector
(
-
[MAT]
-
s
m
Superficie limitada por un arco dunha curva e dúas rectas.
-
sector circular
Parte do círculo limitada por dous raios e o arco comprendido entre os seus extremos. A súa superficie S pode ser calculada a partir da lonxitude l do arco e da lonxitude r dos raios, mediante a fórmula S = (1/2) lr.
-
sector esférico
Parte do espazo limitada pola rotación dun sector circular dun círculo ao redor de calquera diámetro deste círculo. Se S é a superficie da parte de esfera que o limita e r é o raio, o volume do sector vale V = (1/3) Sr.
-
s
m
-
s
m
Parte diferenciada dun todo, como pode ser unha colectividade humana ou un lugar.
-
s
m
[BOT/XEOG]
División fitoxeográfica inferior á provincia.
-
s
m
[FÍS/INFORM]
Parte dunha pista dun disco, de capacidade xeralmente prefixada, variable segundo o tipo de disco.
-
s
m
[ENX]
Cada unha das partes ou zonas interconectadas en que pode estar dividida unha rede de distribución de enerxía eléctrica.
-
s
m
[TRANSP]
Cada un dos tramos de vía protexidos por un sistema de bloqueo.
-
[ECON]
-
s
m
Cada unha das partes en que se divide a economía para o seu estudo. Segundo a natureza da actividade económica, Colin Clark dividiunos (1930) en sector primario, secundario e terciario. O primario inclúe as actividades relacionadas coa agricultura, a gandaría, a pesca, a caza e os bosques; o secundario, as actividades extractivas ou mineiras, a produción de enerxía e a industria e construción; e o terciario, chamado tamén de servizos ou residual, que inclúe as actividades económicas non directamente produtivas, no sentido de crear bens de consumo ou produción, senón destinados a facilitar a satisfacción das necesidades humanas. Segundo a orixe institucional das decisións económicas e o seu control, fálase de sector público e privado.
-
sector público
Ámbito da actividade económica que controla ou no que participa o Estado, directamente ou mediante instancias públicas pospostas. Dentro dun sistema de sociedade e economía mixtas, o sector público fai a política económica e actúa directamente como axente económico. As principais instancias que se distinguen dentro do conxunto global do sector público son: a administración central, que recolle a actuación económica do Estado enmarcada polo orzamento; os organismos autónomos de carácter público pero con certa autonomía, como os que recollen as seguridades sociais, cun volume comparable ao orzamento estatal (caso español); e o sector público local, formado por deputacións, mancomunidades, concellos e áreas metropolitanas. Tamén empresas públicas, sexan industriais, como o INI, ou de servizos públicos; e o sector financeiro público, que tivo o chamado Banco Central e certas entidades de crédito oficial. A incidencia do sector público na actividade económica depende da magnitude dos recursos financeiros e as redes de que dispoña e do xeito no que se recadaran. O seu peso específico na renda nacional dá o grao de intervención pública á natureza e asignación dos bens e servizos da comunidade.
-
sector privado
Ámbito da actividade económica dun país que está integrado polas familias, as empresas privadas e outras organizacións de tipo privado sen ánimo de lucro, onde os prezos se establecen libremente segundo a lei da oferta e a demanda, é dicir, pola libre economía de mercado.
-
s
m