"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (7.394 km2; 1.250.903 h [2000]). A súa capital é Songkhla (84.116 h [2000]).
-
-
Relativo ou pertencente aos songos.
-
Individuo dun dos pobos songos.
-
Cada un dos tres pobos bantús, de raza paleonégrida, que viven nos estados de Angola e República Democrática do Congo.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lodeiro (Lalín). O seu cumio acada os 639 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de esponxas sen espículas silíceas e cuxa especie máis representativa é S. officinalis (esponxa de baño).
-
PERSOEIRO
Político e líder revolucionario laosiano. En 1945 proclamou a independencia co seu medio irmán Suvanna Fuma. Conseguida esta (1949), rexeitou o goberno do seu medio irmán e fundou o Pathet Lao (1950), que axiña iniciou unha guerra de guerrillas. Presidiu (1974) o goberno de reconstrución nacional do Phak Paxaxôn Pativat Lao (PPPL), e o golpe de estado de 1975 levouno á presidencia da república ata 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de delegados da CNT celebrada entre os días 10 e 18 de decembro de 1919 no Teatro de la Comedia, de Madrid. Organizou os sindicatos únicos para o ramo da industria.
-
DISTRITOS
Distrito de Brunei (1.305 km2; 9.400 h [estim 1999]). A súa capital é Bangar (2.600 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular do Pacífico surcentral formado por un arquipélago de 150 illas e illotes (750 km2; 99.000 h [estim 2001]). A capital é Nuku’alofa.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O arquipélago está dividido en tres grupos: ao N as illas Vava’u, no centro as Ha’apai e ao S as Tongatapu e tres illotes illados. A maioría das illas son coralinas, pero 15 das máis occidentais son volcánicas, con volcanismo activo. O clima é tropical e a vexetación é de selva pluvial. Os tonganos desenvolveron cultivos comerciais para a exportación como cocos, bananas, sandías, vainilla e pasiflora, a carón dos cultivos habituais de subsistencia como mandioca, pataca doce, cítricos, taro, iñame, tomates e cacahuetes. A gandaría é escasa (porcos, vacas, cabras e cabalos) e a pesca é moi importante para a alimentación. A electricidade procede de centrais térmicas de petróleo, pero está sendo substituída por centrais mareomotrices. O sector manufactureiro produce pequena... -
-
-
Relativo ou pertencente a Tonga ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tonga.
-
-
Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que fala o pobo tonga. É oficial en Tonga.
-
-
CIDADES
Cidade do sheng de Shaanxi, China, situada a uns 90 km ao N de Xi’an, á beira dun afluente do Wei He (280. 657 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión coreana nacionalista fundada en 1859 e que constitúe unha mestura de xamanismo, confucianismo, budismo e cristianismo, este último, no aspecto ritual. O seu fundador, Ch’oê, foi executado en 1864, como moitos dos seus sucesores, a causa das súas actividades terroristas. Ten uns dous millóns de adeptos.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jilin, China, situada na rexión do Nordés (324.600 h [1990]). Está situada nas montañas de Changbai Shan. A abundancia de carbón e ferro na zona favoreceu a instalación dun gran complexo siderúrxico integral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo da costa oriental de República Democrática Popular de Corea, aberto ao mar de Xapón e situado entre os portos de Hŭngnam e Wŏnsan.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do zizhiqu de Mongolia Interior, China, situada á beira do río Xiliao He, na chaira interior (255.129 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Anhui, China, situada á beira do Iang-Tsé, en Nanyi Hu, a uns 60 km augas abaixo de Wuhu (228.017 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período do Oligoceno Inferior que, en parte, pode pertencer ao Eoceno Superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación sindical británica creada en 1868 en Manchester. Inicialmente eran sindicatos de obreiros cualificados agrupados por oficios (vello unionismo). Comezaron a ter importancia a partir de mediados do s XIX, despois de obter a liberdade de asociación e tras o fracaso do cartismo. A partir de 1885 comezou a coller forza o novo unionismo, que agrupaba obreiros con pouca ou ningunha cualificación sobre a base da industria e non a do oficio. En 1906 xurdiu o Labour Party como expresión política das Trade Unions.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de fonemas vocálicos que se forma cando dúas vogais átonas pechadas (i, u), nas súas realizacións de semivogais ou semiconsoantes [j], [w], se unen a unha vogal media (e, o) ou aberta (a), que van no centro do tritongo e sobre as que pode ou non recaer o acento de intensidade. O esquema xeral do tritongo é semiconsoante + vogal + semivogal e en galego, aínda que son pouco frecuentes, atópanse as secuencias uei (mingüei), iei (cambiei), uai (Uruguai), iai (sociais) e iou (ensaiou).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zhanjiang.