tritongo
tritongo
(< tri- + gr ϕθόγγος)
s
m
[LING]
Grupo de fonemas vocálicos que se forma cando dúas vogais átonas pechadas (i, u), nas súas realizacións de semivogais ou semiconsoantes [j], [w], se unen a unha vogal media (e, o) ou aberta (a), que van no centro do tritongo e sobre as que pode ou non recaer o acento de intensidade. O esquema xeral do tritongo é semiconsoante + vogal + semivogal e en galego, aínda que son pouco frecuentes, atópanse as secuencias uei (mingüei), iei (cambiei), uai (Uruguai), iai (sociais) e iou (ensaiou).