Tritón

Tritón
[ASTRON]

Primeiro satélite de Neptuno, descuberto por W. Lassell o 10 de outubro de 1846. A súa distancia media ao centro de Neptuno é de 354.000 km e a órbita é practicamente circular. O período de rotación sideral é de 5 días, 21 h, 2’ e 38’’, e o seu movemento é retrógrado. Ten un diámetro de case 3.000 km, unha masa 1,8 veces a masa da Lúa, unha densidade moi elevada e unha temperatura superficial moi baixa (28 K). Cando Neptuno está en oposición, obsérvase Tritón como un astro de magnitude 13,6.

Palabras veciñas

tritocerebro | 1 tritón | 2 tritón | Tritón | Tritón | tritongo | trítono