"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade romana personificación da vitoria, análoga á grega Níkē.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bahia, Brasil, situada na serra de Periperi (281.684 h [estim 2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que é coñecida unha níkē rodia de mármore realizada a finais do s III a C ou comezos do s II a C, para conmemorar a vitoria naval de Demetrio I de Macedona en Salamina (306 a C). Descubriuse en Samotracia en 1863 e outros fragmentos atopáronse en 1954. Destaca o vigor e o movemento do torso e das ás, amplificado pola curva da proa que lle fai de pedestal
-
PERSOEIRO
Raíña de Gran Bretaña e de Irlanda (1837-1901) e emperatriz de India (1876-1901), filla do príncipe Eduardo de Inglaterra, duque de Kent, e sucesora de Guillerme IV. En 1840 casou con Alberte de Saxonia--Coburgo-Gotha. Durante o seu reinado adoptouse o librecambismo, fundouse o Labour Party (1900), levouse a termo a segunda reforma electoral (Disraeli, 1867) e tivo lugar a grande empresa colonial. Sucedeuna o seu fillo Eduardo VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi profesor en San Gregorio de Valladolid e en Salamanca. Escribiu Relectiones theologicae (1557). Considerouse o pai do dereito internacional pola súa visión da comunidade humana universal e a necesidade de leis internacionais baseadas no dereito natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe e mártir romana. Morreu turrada por un boi despois de que lle cortaran a lingua. Represéntase vestida con túnica e palio e leva como atributos unha tarasca e unha lanza ou un puñal no peito. A súa festividade celébrase o 27 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Áraba e de Euskadi (216.852 h [2001]). Situada entre as Montañas Vascas, os Prepireneos meridionais e o Sistema Ibérico, entre o val do Ebro e a vertente cantábrica, érguese nun cumio que domina o val do Zadorra. Mercado agrario, industrializouse a comezos do s XX. É a sede do goberno autonómico. Fundada por Sancho VI de Navarra (1181), os seus poboadores recibiron o foro de Logroño. Afonso VIII de Castela incorporouna ao seu reino (1200). Axudou a Enrique de Trastámara contra Pedro I de Castela, pero foi cedida por este ao seu aliado Carlos II de Navarra polo Tratado de Libourn (1366), que a retivo ata 1372. Durante o s XIV o comercio desenvolveuse e aumentou a poboación, e Xoán II declarouna cidade (1431). A raíz das loitas civís do s XV, a expulsión dos xudeus (1492) e as Comunidades de Castela (1520), sufriu un declive económico que persistiu ata o s XVIII. En 1813 foi escenario da Batalla de Vitoria no transcurso da Guerra da Independencia. En 1936 triunfou a rebelión militar...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á época da historia británica correspondente ao reinado de Vitoria I (1837-1901) e, incluso, ao período seguinte que finaliza a finais da Primeira Guerra Mundial (1914).
-
-
Relativo ou pertencente a Vitoria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vitoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xentilicio de Vítor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda romana de prata que se comezou a cuñar ao redor de 228 a C e que se destinaba ao comercio exterior. Cara a 104 a C equivalía a medio denario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vitoiro.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ragusa, na illa de Sicilia, Italia (54.320 h [2001]). Situada sobre os contrafortes meridionais dos Iblei, é un centro vinícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e decorador, Formouse en Venecia no obradoiro de Il Sansovino. Traballou con Palladio e con Il Veronese en obras de ornamentación como en Villa Barbaro en Maser (1565). De estilo manierista elegante e refinado, das súas obras destaca San Girolamo, en Santa Maria dei Frari en Venecia (1569).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1919 baixo a dirección de Enrique Lorenzo. Naceu como fabricante e reparador de caldeiras de vapor para embarcións pesqueiras e para a industria conserveira. En 1931 comezou a fabricación de locomotoras para RENFE e na década de 1940 os primeiros traballos de construción naval. O primeiro buque realizado con casco de aceiro botouse en 1948. En 1986 pasou a mans de Fernando Santodomingo. En 1993 foi o primeiro estaleiro privado en obter o certificado de calidade ISO 9001 emitido por Det Norske Veritas. O sector das caldeiras, que se ampliou a todo tipo de caldeiras e combustibles tanto para a industria naval e terrestre como para calefaccións domésticas, está centralizado na filial Vulcano-Sadeca SA.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oración curta e fervorosa que se reza nas novenas ou noutras devocións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques de talo crustáceo, de cor amarela ou alaranxada e con apotecios lecanorinos. Son liques nitrófilos e danse en cortizas de árbores, en rochas e en tellados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tradución galega da General Estoria (1272-1284) de Afonso X o Sabio, que se realizou no primeiro terzo do s XIV. Consérvase no manuscrito O.I.i. da Biblioteca de El Escorial e está escrita en pergamiño, con 153 folios, a 2 columnas. Non se coñece con certeza o manuscrito castelán do que procede nin quen o traduciu, pero varias notas marxinais informan de que o tradutor ou copista puido ser Nuno Freire. A General Estoria foi concibida como unha magna historia do mundo, confeccionada baixo a perspectiva medieval, que pretendía reflectir o saber enciclopédico da época, especialmente sobre astronomía, filosofía ou as sete artes liberais, combinando a historia bíblica coa profana, ademais do elemento fantástico. O texto divide a historia en idades, segundo santo Agostiño, e a pesar de ficar inacabado (chega soamente ata a época en que viviron os pais da Virxe María), describe a creación do mundo, a invención dos instrumentos e a evolución da humanidade. Inclúe todas...