Vitoria de Samotracia
Vitoria de Samotracia
Nome con que é coñecida unha níkē rodia de mármore realizada a finais do s III a C ou comezos do s II a C, para conmemorar a vitoria naval de Demetrio I de Macedona en Salamina (306 a C). Descubriuse en Samotracia en 1863 e outros fragmentos atopáronse en 1954. Destaca o vigor e o movemento do torso e das ás, amplificado pola curva da proa que lle fai de pedestal