"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Enfermidade hereditaria que se caracteriza pola falta dalgúns enzimas que degradan os mucopolisacáridos, debido a que se acumulan patoloxicamente nos tecidos orgánicos, como a síndrome de Hurler, a enfermidade de Hunter, a enfermidade Sanfilippo e a síndrome de Morquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten máis de dous polos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado por dous ou máis polos, eléctricos ou magnéticos, separados por pouca distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal, creado en 1993 a partir da fusión do Museo Etnológico Nacional e o Museo del Pueblo Español. Organízase en dúas seccións: a Alfonso XII, dedicada a coleccionar diferentes mostras da cultura material dos pobos de África, América, Asia, Europa e Oceanía; e a Juan de Herrera, dedicada a exposicións temporais e á celebración de congresos. Anualmente edita unha revista científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (626-605 a C). Fundou a dinastía caldea. Xefe dos arameos do sur de Mesopotamia, independizouse primeiro de Asiria (626 a C) e despois, aliado cos medos, iniciou en 616 a C unha decidida política antiasiria contra Sir-Šar-Iškun (628-612 a C), que culminou coa toma de Nínive (612).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo oceanográfico que permite a recollida de mostras de auga a diferentes profundidades. Consiste nunha ampola (duns 1,25 l) que se bota á auga fixada a un cable, o que permite que se afunda ata coller a profundidade desexada. Este dispositivo foi ideado por Fridtjof Nansen e experimentou diversas modificacións posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda francesa de ouro cuñada co busto de Napoleón I Bonaparte entre 1805 e 1815, sobre todo a peza de 20 francos. A de 40 francos de ouro chamábase dobre napoleón.

    2. Moeda de ouro de Luís Napoleón (Napoleón III) de igual valor á cuñada entre 1805 e 1815, cos seus múltiplos, cinco napoleóns (100 francos), dous napoleóns e medio (50 francos), e submúltiplos, medio napoleón (10 francos), e un cuarto de napoleón (5 francos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Roma, fillo de Napoleón I Bonaparte e de María Luísa de Austria. De nome Francisco Carlos Xosé Bonaparte, era o sucesor do imperio e foi nomeado rei de Roma. Napoleón I Bonaparte abdicou nel en 1814 e 1815. Desde 1814 residiu en Viena, onde o nomearon príncipe de Parma e despois duque de Reichstadt (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Francia (1852-1870), fillo de Luís de Holanda e de Hortensia de Beauharnais. De nome Carlos Luís Napoléon Bonaparte, foi elixido deputado na Asemblea Constituínte, emprendeu unha campaña propagandística en que alertaba a xente de orde (orleanistas, lexitimistas e católicos) contra o perigo do extremismo da guerra e foi elixido presidente. O 2 de decembro de 1851 deu un golpe de estado, feito que o converteu en xefe absoluto de Francia. Disolveu a asemblea, declarou o estado de sitio, restaurou o sufraxio universal e convocou un plebiscito demandando poderes extraordinarios para ditar unha constitución. O 2 de decembro de 1852, feito o plebiscito, foi proclamado emperador. Simpatizante do saint-simonismo e afeccionado á economía política, tentou mellorar a economía francesa, emprendeu grandes traballos públicos e reurbanizou París. A súa política exterior foi un continuo fracaso e as guerras (Crimea, 1854-1856; ataque a Italia en 1859; expedición a México, 1862-1867) foron impopulares...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos soberanos franceses chamados Napoleón.

    2. Partidario dos soberanos franceses chamados Napoleón ou da súa dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Campania e da provincia homónima, Italia (993.386 h [2001]). Pola súa situación, na beira noroccidental do golfo de Nápoles, a chaira que se estende aos pés do Vesubio foi sempre un centro moi importante. A cidade ocupa a chaira e os outeiros inmediatos á liña de costa. O crecemento urbanístico deu lugar á incorporación de diversos centros veciños que se converteron en barrios industriais ou residenciais da metrópole (Portici, Casoria, Pozzuoli, Resina). Ademais de centro portuario e comercial, Nápoles chegou a ser un gran núcleo industrial da metalurxia, da construción de maquinaria, do refinamento de petróleo, da química e do sector téxtil. É tamén un centro cultural destacado con universidade e outras escolas de estudos superiores. Fundada polos gregos de Cumas cara ao ano 600 a C e conquistada polos samnitas no s IV a C, aliouse con Roma en 328 a C. Ocupada polos bizantinos (536) e os ostrogodos (542), aqueles recuperárona en 552 e administrárona ata o s VII, cando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Campania, Italia (1.171 km2; 3.009.678 h [2001]). A súa capital é Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Foi o introdutor do manierismo escurialense na ourivaría galega. Estableceu un obradoiro en Celanova onde realizou varios traballos para o mosteiro de San Salvador de Celanova. Destacan dúas arcas de prata para gardar as reliquias de san Rosendo e san Trocado, entre outros, realizadas en 1598.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Antigo reino de Italia, que comprendía toda Italia do sur e Sicilia. Conquistada Nápoles con Roxelio II de Sicilia en 1139, non chegou a ser parte do reino, que pasou ao imperio por medio do seu neto, o Emperador Federico II. O seu fillo Manfredo I de Sicilia usurpou o trono siciliano en 1258, pero foi derrotado por Carlos I de Nápoles en 1266, quen perdeu Sicilia en 1282, conquistada pola Coroa de Aragón, e os anxevinos quedaron reducidos ao Reino de Nápoles. Adquirido por Afonso V de Aragón o Magnánimo tras unha longa guerra (1435-1442), quedou unido baixo o seu goberno. En 1494 Carlos VIII de Francia, herdeiro dos dereitos dos Anjou, preparou a expedición a Italia, que arruinou a dinastía aragonesa de Nápoles e coa que comezaron as Guerras de Italia. Sucedeuno o seu fillo, Afonso II de Nápoles, quen se uniu co papa e con Florencia, pero que abdicou en 1495 en favor do seu fillo Fernando II de Nápoles (1495-1496). Este tivo que fuxir dos franceses en 1495, xa que aquel mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nápoles ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nápoles.

      1. Escola artística xurdida en Nápoles baixo o dominio da Coroa de Castela. O s XVII foi o de máis esplendor, e destacaron os arquitectos Domenico Fontana e C. Fanzano. En pintura foi decisivo o papel de Caravaggio, en 1607, quen influíu en G. Battista Caracciolo, J. Ribera, G. Battista Ruippolo e G. Recco, e os bamboccianti. A estancia de Artemisia Gentileschi reforzou a tendencia ao caravaggismo melodramático de M. Stanzione, A. Vaccaro e B. Cavallino; e Mattia Preti introduciu a técnica e o gusto decorativo de Veronese. O pintor máis destacado foi Luca Giordano. No s XIX dominou o paisaxismo de Posillipo, con Antonio Pitloo e Giancinto Gigante; e Filippo Palizzi formou a Domenico Morelli, de quen foi seguidor Gioacchino Toma. Co virtuosismo de Edoardo Dalbono e Francesco Paolo Michetti manifestouse a influencia de Fortuny.

      2. Grupo de compositores do s XVIII nacidos ou activos no reino de Nápoles, case dedicados exclusivamente á ópera e á oratoria, e caracterizados polo feito de crear un estilo que acabou sendo xeral na ópera italiana daquel século. Considéranse iniciadores a F. Provenzale e A. Scarlatti, quen introduciu diversas convencións que configuraron a ópera seria. Unha segunda corrente dentro da escola napolitana é a ópera bufa, nacida do intermezzo. Destacaron especialmente despois de A. Scarlatti, N. Porpora, G. B. Pergolesi, N. Jommelli, N. Picini, G. Paisiello e D. Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego co que se coñeceron na Antigüidade clásica varias cidades como Nápoles, Kabala, Polignano, Sardeña e Empúries, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de sepulcros anteriores á era cristiá. Designou primeiramente os sepulcros de Alexandría en Exipto, pero empregouse posteriormente para referirse aos cemiterios de época prehistórica ou antiga, que constitúen unha das fontes de documentación estudadas polos arqueólogos. Os enterramentos poden ser individuais, de parella ou familia nuclear, ou colectivos de grupo ou clan, segundo as culturas e as épocas. Antes do cristianismo, todos os pobos crían que era indispensable para a vida futura que os mortos dispuxesen de elementos iguais aos que usaran en vida, como comida, armas e, nas civilizacións clásicas, moedas e lámpadas.

    2. Cemiterio de grandes dimensións onde abundan os monumentos fúnebres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica polaca. De nome Barbara Apollonia Chalupiec, chegou a Hollywood en 1923, onde destacou no cine mudo ata que apareceu o cinema sonoro, que acabou practicamente coa súa carreira. Da súa filmografía destacan The Last Payment (1922), The Spanish Dancer (1923), Men (1924), Barbed Wire (1927) e Madame Bovary (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia Menor, situada ao NO de Armenia menor. Foi fundada por Cneo Pompeio, en lembranza da vitoria sobre Mitridates VI de Ponto, e anexionada ao Imperio Romano por Nerón. Reconstruída por Xustiniano I despois dun terremoto, foi arrasada novamente polos persas.

    VER O DETALLE DO TERMO