"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

    1. Descrición das veas.

    2. isualización radiolóxica das veas dunha zona mediante a inxección dunha substancia radiopaca.

    3. Rexistro gráfico do pulso venoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía dunha imaxe obtida nun fluoroscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluviómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico, por medio de aparatos electrónicos de alta fidelidade, do ruído, normal ou anormal, que se produce durante o paso do sangue polo sistema arterial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que ten por obxecto rexistrar graficamente os ruídos cardíacos grazas á transformación das vibracións en enerxía eléctrica mediante un micrófono reforzador e un oscilógrafo de espello. Permite obxectivar a existencia de ruídos cardíacos imperceptibles ao oído humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descrición da voz humana, dos sons da lingua, con referencia especial á representación fonética.

    2. Método empregado a finais do s XIX para investigar as características fonéticas físicas impresas no suco dunha gravación discográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fonografía.

    2. Relativo ou pertencente ao fonógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que reproduce por medios mecánicos os sons rexistrados nun cilindro. En 1877, Thomas A. Edison foi o primeiro en aplicar a idea de que un son transmitido a un diafragma provisto dunha agulla podía gravarse sobre unha superficie cilíndrica en forma de trazo espiral, de tal maneira que outra agulla, conectada a unha trompa ou megáfono, ao volver percorrer o suco formado vibraría e reproduciría o son orixinal. Este aparato comezou a ser explotado comercialmente no ano 1887 en EE UU pola Columbia Phonograph Company. Ao pouco tempo Emil Berliner introduciu o disco e o aparato para reproducilo, o gramófono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Director da Escola de Canteiros de Pontevedra. Especializouse en urbanismo. No eido da restauración arquitectónica, traballou no convento de San Francisco de Pontevedra, na catedral de Tui, no mosteiro de Santa María de Armenteira e na citania de Santa Tegra (A Guarda). Colaborou coa Fundación Cultural Rutas del Románico, con diversos artigos na publicación Ruta Cicloturística del Románico e no catálogo da exposición De Jaca a Compostela por el Camino de Santiago (1999). Escribiu Descubrir el Románico por tierras de Pontevedra y el Camino de Santiago (1991 e 1996) e Fábricas de cantería (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que permite a representación de obxectos emisores de luz ultravioleta mediante a utilización dunha pantalla fosforescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser fotografado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obter a imaxe de algo por medio da fotografía.

    2. Describir algo ou alguén con gran precisión e exactitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte e técnica de obter, por medio da luz ou doutras radiacións electromagnéticas, e de substancias químicas, imaxes permanentes dun obxecto, sobre superficies convenientemente preparadas. Estas imaxes permanentes, chámanse, por extensión, fotografías. Os elementos imprescindibles para realizar unha fotografía son, esencialmente, o material sensible, a cámara fotográfica e o laboratorio fotográfico, que presentan características bastante variables. Segundo que o material sensible empregado permita a obtención de imaxes en cor ou simplemente en branco e negro, pódese falar de fotografía en cor e de fotografía en branco e negro, respectivamente. Unha toma de vista correcta, que ofrece unha imaxe clara e nítida, esixe unha serie de requisitos. Primeiramente, a elección dun material sensible adecuado aos resultados desexados; pódese escoller a presentación do material sensible (película, placa, disco, etc), o tipo de emulsión (película de branco e negro, de cor, instantánea), o tipo de película...

      2. Artigos fotográficos.

    1. Reprodución dunha imaxe mediante o procedemento da fotografía, especialmente a copia ou positivo. OBS: Nesta acepción adóitase empregar a forma foto.

    2. Representación ou descrición de algo ou alguén que semella unha fotografía.

    3. Fotografía vertical ou oblicua da superficie terrestre que se obtén dende un avión ou nave espacial. Tómase en bandas ou pasadas paralelas que se sobrepoñen para crear despois un mosaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fotografía.

    2. Que se obtén mediante a fotografía.

    3. Que serve para a fotografía.

    4. Aplícase á memoria que lembra unha imaxe coa precisión propia dunha fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á fotografía, ben como afección, ben como profesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir mediante a fotolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de procedementos que se basean na copia fotográfica (insolación) dunha película positiva (fotólito) sobre a capa sensible dun soporte de metal, polímero, etc, coa finalidade de obter formas de impresión litográficas ou metalográficas.

    2. Forma de impresión obtida por este procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotomecánico que utiliza unha prancha de cinc ou de aluminio na cal a imaxe que se pode tinguir non presenta ocos nin relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de obtención de fotografías de obxectos invisibles a simple vista mediante a aplicación dunha cámara fotográfica a un microscopio.

    2. Fotografía obtida con esta técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO