fonógrafo
fonógrafo
(< fono- + -grafo)
s
m
[TECNOL]
Aparato que reproduce por medios mecánicos os sons rexistrados nun cilindro. En 1877, Thomas A. Edison foi o primeiro en aplicar a idea de que un son transmitido a un diafragma provisto dunha agulla podía gravarse sobre unha superficie cilíndrica en forma de trazo espiral, de tal maneira que outra agulla, conectada a unha trompa ou megáfono, ao volver percorrer o suco formado vibraría e reproduciría o son orixinal. Este aparato comezou a ser explotado comercialmente no ano 1887 en EE UU pola Columbia Phonograph Company. Ao pouco tempo Emil Berliner introduciu o disco e o aparato para reproducilo, o gramófono.