"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Obra de carácter enciclopédico concibida e iniciada polo conde de Buffon. Consta de 44 volumes e foi publicada en París de 1749 a 1804. É un ensaio metodolóxico que esboza os principios para o estudo da historia natural no primeiro volume e xustifica a totalidade da obra. Nos seguintes volumes trata sobre cosmoloxía, xeoloxía, mineraloxía, bioloxía do home e dos animais vertebrados e un longo estudo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Neto do naturalista Thomas H. Huxley, foi, como el, un defensor entusiasta do evolucionismo. Profesor de zooloxía en Londres, foi nomeado primeiro director xeral da UNESCO. Escribiu, entre moitas outras obras, Evolution, The Modern Synthesis (1942) e Evolution in Action (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, neto do marqués de Sargadelos. Enxeñeiro de minas, inventou un lavadoiro de roupa ao vapor e desde 1866 tentou reanudar a fábrica de Sargadelos que funcionou entre 1871 e 1872. Tralo seu fracaso foi elixido alcalde de Cervo e deputado provincial e trasladouse a Madrid, onde exerceu no Instituto Geográfico de Estadística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e mestre. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico ou a canción popular. Dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, que el mesmo fundara xunto con A. Blanco Porto, e a revista cultural Logos (1932). Como mestre dirixiu o Laboratorio de Psicotecnia (1934), que puxera en marcha o Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Publicou a obra teórica Música en Compostela, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria. Foi membro numerario da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra. Trasladouse a Pontevedra e estudiou na Escola Normal, onde rematou os estudios de mestra elemental (1901) e os de mestra superior (1904). En 1908, exercendo de profesora en Carnota, gañou a praza de mestra. Posteriormente deu clases en Mourente e formou parte da xunta directiva de Dereita Galeguista de Pontevedra. Colaborou na sección de pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos e escribiu un Método de lectura (1932), concibido segundo o método silábico, que se converteu no primeiro manual coñecido para o ensino do galego e na primeira obra didáctica feita en galego por unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irrelevante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irrelixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falto de relixión.

    2. Que é contrario á relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión de Tracia (6.378 km2; 309.528 h [1997]). A súa capital é Kirklareli (49.315 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arthur Stanley Jefferson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Maximiliano Linares Rivas. Na Coruña liderou o Partido Unionista. Foi ministro de Gracia e Xustiza (1883-1884) polo Partido Constitucional e ministro de Fomento con Cánovas (1891-1892) e (1895-1897) e senador vitalicio. Escribiu La Primera cámara de la Restauración. Retratos y Semblanzas (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi director da Dirección General de Bellas Artes. Instalouse na Coruña (1960), onde fundou a galería Artes e se dedicou á creación da Escola de Restauración de Belas Artes. Entre a súas obras destacan Paisaje al atardecer (1977) e Aldeana (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Foi presidente da Asociación de Produtoras de Cine e Vídeo de Galicia e crítico de La Voz de Galicia. En 1973 fundou, xunto con Félix Casado e Luis Gayol, o grupo de cineastas afeccionados Imaxe, en que permaneceu ata a súa disolución en 1980, ano no que dirixiu Malapata, a primeira longametraxe galega. Traballou en diversos apartados do audiovisual, desde a produción de anuncios publicitarios ou curtametraxes como Circos (1979), ata o guión, a dirección de documentais industriais e de obras de ficción como Illa (1976), a súa primera obra en formato estándar, Embarque (1984) ou a longametraxe Urxa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantil da ribeira dereita do Rin, entre Sankt Goarshausen e Owervesel, situado no land de Renania-Palatinado, Alemaña. Destacou por unha antiga lenda que fala dunha dona belísima que, sentada no cumio, enfeitizaba co seu canto aos navegantes e os seus barcos rompían contra as rochas. A rocha foi nomeada na obra de numerosos poetas e músicos, como Brentano, Heine, Eichendorff, Schumannn e Silcher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director estadounidense. Formouse no Conservatorio de París e nas compañías Théâtre Libre e Théâtre d’Art. En 1893 creou a compañía Théâtre de l’Oeuvre, coa que dirixiu diversos espectáculos e coa que presentou Ubu Roi (1896), sobre o texto de Alfred Jarry, que supuxo unha renovación na escena europea de principios do s XX, e O cornudo magnífico (1920), sobre o texto de Crommelynck. Participou tamén en La Dame aux camélias (1934) e Chipée (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO