Lorelei
Lorelei
Cantil da ribeira dereita do Rin, entre Sankt Goarshausen e Owervesel, situado no land de Renania-Palatinado, Alemaña. Destacou por unha antiga lenda que fala dunha dona belísima que, sentada no cumio, enfeitizaba co seu canto aos navegantes e os seus barcos rompían contra as rochas. A rocha foi nomeada na obra de numerosos poetas e músicos, como Brentano, Heine, Eichendorff, Schumannn e Silcher.