"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Misioneiro en China, en 1780 o gobernador de Macau enviouno a Lisboa para solicitar protección e axuda na cuestión dos ritos chineses. Escribiu Arte de la lengua china e Vocabulario de la lengua china.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi predicador xeral, notario apostólico e cronista xeral da orde franciscana en Nueva España. Publicou Vida prodigiosa del Venerable Siervo de Dios el Beato Fr. Sebastián Aparicio, religioso lego de la Orden de San Francisco, natural del católico Reino de Galicia, en la antigua España (1831) e Relación jurídica de la libertad de la muerte intentada contra la persona del R. P. Fr. Andrés Picazo [...] (1769).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi director do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e subsecretario do ministerio de Administracións Públicas. Presidiu a Fundación Instituto Internacional de Administración Pública e dirixiu a Escola Galega de Administración Pública (EGAP, 1990-1996). Pertenceu ao consello de expertos en Administracións Públicas de Naciones Unidas, ao consello científico do Centro Internacional de Estudios Políticos e foi presidente da sección española do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Escribiu Estudios de derecho autonómico (1997), Cuatro estudios de derecho administrativo europeo: (derechos fundamentales, subsidiariedad, subvenciones y administraciones públicas) (1999), La Dimensión ética (2001) e Estudios sobre la Constitución (2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, fillo de Alexandre Rodríguez Cadarso. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en xinecoloxía e traballou tamén como cirurxián. Colaborou en Revista Española de Obstetricia y Ginecología, Medicina e Clínica contemporánea, e escribiu Consideraciones sobre el dolor del parto: a propósito del parto sin dolor (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi arquitecto dos Servicios Provinciais da Coruña de Urbanismo (1981). Das súas obras, caracterizadas pola simplificación e a orde, destacan os edificios para a sede da Cruz Vermella na Coruña (1979-1981), o centro de saúde de Culleredo (1994-1997) e o edificio para a redacción de La Voz de Galicia, en Arteixo. Recibiu o primeiro premio no Concurso de Ideas Vivendas para Marxinados (1987) da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, director de orquestra e arquitecto. Acadou o título de arquitectura en 1911 na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Foi arquitecto provincial (1914-1956) e as súas primeiras obras (edificio do Cantón Grande 14) trataron de realizar unha síntese das posicións academicistas. Na Casa Cortés (1918-1919) fusionou a estética ecléctica e académica, baseada no Renacemento e no Barroco, cos elementos tradicionais como a galería e os miradoiros. Desde 1927 apréciase un interese polos elementos do barroco compostelán en obras como o Colexio de Notarios (1927). En 1930 realizou a sede da Caixa de Aforros coruñesa, onde mesturou os elementos barrocos galegos con outros de filiación europea. A partir de 1931 diminuíu a ornamentación e aproximouse ao funcionalismo e ao racionalismo. Destaca o edificio Las Cigarreras, Centro Social da Unión Tabacalera (1932). Realizou as urbanizacións da Cidade Xardín. Desde 1940 diminuíu a súa produción arquitectónica para dedicarse á música. Estudou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e militar. Director do Centro de Derecho Internacional Humanitario de Cruz Roja Española, foi conselleiro togado do Cuerpo Jurídico Militar, director da Revista Española de Derecho Militar, presidente do Tribunal Militar Central e director da Escuela Militar de Estudios Jurídicos. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, a Gran Cruz del Mérito Militar, a Cruz de Plata da Garda Civil e o Premio Tomás y Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Coronel da Armada, colaborou no Centro de Estudios Superiores de Intendencia da Armada, así como nas obras de restauración arquitectónica do Arsenal de Ferrol e do castelo de San Filipe. Publicou San Campio, patrón de levas (1977) e Rejas, balcones y otros hierros artísticos en la comarca de Ferrol (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filosofía Clásica, realizou traballos de normalización lingüística no concello de Vigo. Foi fundador da Aula de Toponimia Galega, socio fundador de Estudios Latinos e presidente-director do Instituto de Estudios Vigueses. Publicou Vigo nalgúns dos seus topónimos (1990), Os nomes da Terra de Vigo (1996) e os tres volumes de Os nomes da Ría de Vigo (1998, 2000 e 2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Gobernador civil de Lugo, foi académico fundador da Real Academia Galega e membro da Sociedad de Arqueoloxía de Pontevedra. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Almanaque e Revista Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Profesor de literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, centrou gran parte da súa obra nos autores do grupo Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, de quen realizou diversas edicións críticas. Colaborador do Boletín Galego de Literatura, Dorna e A Trabe de Ouro, da súa obra destacan as edicións de Álvaro Cunqueiro (1911-1981): Día das Letras Galegas 1991 (1991), en colaboración con Dolores Vilavedra; e 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973) (1998), en colaboración con X. Alonso Montero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Encadrado na xeración que promoveu o Rexurdimento (1868) en Galicia, destacou como dramaturgo e pode considerárselle o iniciador do teatro contemporáneo galego. Actuou como recuperador da Escuela Regional Gallega de Declamación (1903-1904), da que foi presidente e que iniciou a súa andaina coa estrea da obra Filla...!, do propio Galo Salinas. Participou no parladoiro da Cova Céltica e fundou o seu órgano de expresión, a Revista Gallega. Semanario de literatura e intereses regionales (1895-1907). Autor de El Regionalismo gallego. Estudio social (1892) e dun Hino popular regional (1893), con música de Varela Silvari, da súa produción teatral destacan A torre de Peito Burdelo (1891), premiada polo Liceu Brigantiño en 1890; Filla...! (1892), premiada pola Sociedad Económica de Amigos del País en Pontevedra en 1892; e Bodas de ouro (1921), estreada polo coro Cántigas da Terra. Outros textos que foron estreados pero non...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid. Colaborou en prensa con artigos e poesías e escribiu, entre outras obras, Las cooperativas y los obreros (1899), Los estados de la Iglesia y su transformación política (1934), Manual de derecho político español (1939), Teoría de la Sociedad (1948) e a peza teatral Los negocios de D. Judas (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.111 km2; 59.629 h [2002]). A súa capital é San Ignacio de Sabaneta (35.654 h [2002]).
-
GALICIA
Presentador. Coñecido como Mon Santiso, traballou como locutor e director de programas de radio en Antena 3, Radio 80 e RNE, e como presentador, guionista e director de programas de televisión en TVG, Canal 10, Antena 3 TV e La 2 de Televisión Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ciclista. Debutou como profesional en 1993 no equipo Kelme, para logo correr no G. D. ONCE e no Liberty Seguros. Gañou a clásica dos Puertos (1998), a Volta a Galicia (1999), a Vuelta a Castilla-León (2001), a Milán-Turín (2004), e a 18º etapa do Tour de Francia 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Foi conservador do Museo Etnolóxico de Ribadavia e posteriormente o seu director. Tamén dirixiu o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e foi subdirector xeral de Museos e Patrimonio Histórico e Documental. En setembro de 2005 foi nomeado delegado da Consellería de Cultura e Deportes en Ourense. Das súas obras destaca Sobre la tecnología del Bronce Final en los talleres del N.O. hispánico (1978) e, en colaboración, El depósito del bronce final de Samieira (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Inicialmente utilizou o latón, a madeira ou a lona nas súas obras e aproximouse ao minimal art. Posteriormente empregou pranchas de metal soldadas en obras onde contrasta o tratamento sobrio e rudo dos materiais e o hermetismo das formas co carácter poético do conxunto. Destacan Escenografía del sexo (1986), Moldura al paisaje (1995), Encima de una alfombra (2000) ou Elmina (2001). Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, traballou para o Grupo Loewe (1963-1975) e para Liferpharma Laboratorio de España SA. Subdirector xeral de Plus Ultra Seguros, foi director de CABSA Red Supermercados INI, presidente executivo de CABSAFRICA, do matadoiro industrial Gypisa e de Conservas vegetales y cárnicas, CARCESA. Así mesmo, foi director xeral de ENDIASA e de Aguas de Mondariz, presidente do Balneario de Mondariz e presidente de Thomil, SA, vicepresidente do Instituto de Empresa e do Círculo del Progreso e administrador de Chocolates Eureka. Membro do Padroado Fundación Instituto de Empresa e presidente da Fundación Balneario de Mondariz, contribuíu de xeito relevante ao fomento e á promoción do turismo en Galicia. Recibiu a Medalla de prata de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Educador. En 1988 creou e presidiu a Asociación de Educadores en el Tiempo Libre para la Prevención de la Marginación Infantil y Juvenil (ASETIL). Desenvolve o seu labor humanitario de educador de rúa en Vigo, e potencia este modelo de intervención en medio aberto coa xuventude. Dirixiu durante varios anos os programas Una esperanza en marcha e Documentación Social en Radio ECCA. Publicou Madres contra la droga (1998) e, en colaboración, Reflexiones de un educador en la calle (1996), e coordinou Metodología del educador de calle (1997) e Manual del educador de calle (1997).
VER O DETALLE DO TERMO