"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Camilo González Suárez-Llanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor cinematográfico. Empresario e presidente do Celta de Vigo, creou a produtora Suevia Films-Cesáreo González en 1940. De-señou unha política de produción destinada aos xéneros máis comerciais e mesmo populistas. Así, a partir da súa primeira produción Polizón a bordo (Florián Rey, 1941), comezou a producir proxectos rendibles como Campeones (Ramón Torrado, 1942), La nao capitá (F. Rey, 1946), Reina Santa (Rafael Gil, 1947) ou Botón de ancla (R. Torrado, 1947). Nesta primeira etapa destaca o que se deu en chamar “gallegada” ou “melodrama regional gallego”, estratexia para a que contou co director coruñés Ramón Torrado e que se desenvolveu en títulos como Mar abierto (1946), El emigrado (1946) e Sabela de Cambados (1948). Ao longo da década seguinte, traballou no cine folclórico tradicional andaluz (La niña de la venta, La estrella de Sierra Morena, Morena Clara), pero tamén aproveitou as modas que xurdían no cine español, como a do cupletismo (Mi último tango e La reina del Chantecler)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de lingua e literatura galega, é un poeta pertencente á Xeración dos 80, que iniciou a súa produción con A caneiro cheo (Premio Esquío e Premio Antón Losada Diéguez 1986), seguido de Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1986), Remol das travesías (Premio da Asociación da Crítica Española 1990), Coa forza da palabra (1993), Estación marítima (1996) e Invocación dun tempo/Invocació d’un temps (2001). Presidente do PEN Club de Galicia, corresponsable da colección de poesía Arte de Trobar, fundador e ex-director da revista Dorna, en 1999 recibiu o Premio Julio Camba e o Premio Modesto R. Figueiredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Mubase, traballou para Carlos V e Filipe de Borgoña. Introduciu en Flandres o Renacemento italiano. Recibiu a influencia de G. David e A. Dürer. Tratou as súas obras como relevos escultóricos. Destacan as obras Retrato dos fillos de Cristián II de Dinamarca, Adán e Eva e Dánae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1619 pertenceu á orde dos xesuítas, estudiou filosofía e teoloxía e foi catedrático de Filosofía na Universidad de Gandía e de Sagrada Escritura na Universidad de Zaragoza. Representante do conceptismo barroco, empregou os pseudónimos de Lorenzo Gracián e García de Marlones. Publicou, entre outras obras, El héroe (1637), El político (1640), Agudeza o Arte de ingenio (1642), El discreto (1646), El oráculo manual y arte de prudencia (1647), El Criticón (1651-1657), novela alegórica costumista que amosa o desengano e escepticismo ante a vida, nun estilo perfeccionista e conciso, típico do conceptismo, e El comulgatorio (1655).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparar unha comida ao lume, especialmente cocéndoa con diversos condimentos despois de refogada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro e mecenas armenio. Magnate do petróleo, comezou a traballar co seu pai en 1888. Nacionalizado británico en 1902, viviu en Londres e París, e en 1942 estableceuse en Lisboa. Coa súa fortuna formou unha coleccion de arte, base da Fundação e do Museu Calouste Gulbenkian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, sobriño de François Mansart. Seguidor do estilo de Louis Le Vau, nomeárono arquitecto real en 1675. Desde 1678 ocupouse da ampliación de Versailles, onde fixo a Galería dos Espellos, a capela, a Orangerie e o Grand Trianon. Construíu o castelo de Marly (1679-86), e traballou nos de Dempierre e Maintenon, e no convento de Saint-Cyr (1686). En París fixo a praza das Vitoires (1686), a praza Vendôme (1699) e a cúpula de Saint-Louis-des-Invalides (1677-1706).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das papilonáceas. Presenta follas imparipinnadas, provistas de dúas estípulas laterais, inflorescencias axilares en acio de flores brancas, amarelas ou púrpuras e froito en casulo. Engloba máis de cen especies todas elas distribuídas por zonas temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador francés. Sobresaíu nos debuxos e nos gravados de escenas da Belle Époque, como Jeune femme en blanc (Mm Helleu) appuyée au bastingage sur le pont d’un bateau (1900) ou Femme au chapeau (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hipófise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, situada ao NO de Delhi (172.873 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do megye de Csongrád, Hungría (48.000 h [2000]). É o mercado dunha fértil comarca agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dun corpo de soldados de cabalería lixeira, que vestía un uniforme copiado da cabalería húngara, montaban cabalos de pouca alzada e áxiles, e destacaban pola súa destreza e axilidade. Tiveron a súa orixe na milicia de cabalería que János Hunyadi organizou e recrutou en Hungría en 1458 para combater contra os turcos. Asimilados como corpo polos polacos, posteriormente diversos exércitos europeos copiaron a súa organización, armamento e uniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer algo de xeito rápido sen preparación ou organización previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Transmitir a forza necesaria para que algo ou alguén se mova.

      2. Facer que algo ou alguén teña máis actividade ou continúe o seu desenvolvemento.

    1. Inducir a algúen a que actúe. OBS: Úsase coa preposición a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perfumar con incenso ou dirixir o fume do incensario a algo ou alguén.

    2. Eloxiar excesivamente a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello litúrxico para incensar consistente nun tipo de braseiro metálico con tapa, colgado dunhas cadeas, no que se queima o incenso.

    VER O DETALLE DO TERMO