húsar
húsar
(< húngaro huszár)
s
m
[BÉL]
Membro dun corpo de soldados de cabalería lixeira, que vestía un uniforme copiado da cabalería húngara, montaban cabalos de pouca alzada e áxiles, e destacaban pola súa destreza e axilidade. Tiveron a súa orixe na milicia de cabalería que János Hunyadi organizou e recrutou en Hungría en 1458 para combater contra os turcos. Asimilados como corpo polos polacos, posteriormente diversos exércitos europeos copiaron a súa organización, armamento e uniformes.