Ḥusayn, Saddam

Ḥusayn, Saddam

Político iraquí. Membro do partido Baas, participou na conspiración contra ‘Abd al-Karīm Kassem (1959) e apoiou o golpe de estado de ‘Abd al-Rahmān Aref, a quen posteriormente derrocou. Trala dimisión do presidente Ahmed Hassan al-Bakr, ocupou os cargos de secretario xeral do partido, presidente do goberno e xefe de estado (1979). O seu mandato caracterizouse pola supresión da oposición interior e a represión do movemento independentista kurdo. A agresividade da súa política exterior manifestouse na guerra que mantivo con Irán (1980-1988) e na invasión de Kuwait, feito que desencadeou a Guerra do Golfo Pérsico (1991). O embargo comercial imposto como consecuencia a Iraq pola comunidade internacional, a loita contra os movementros opositores, as masacres de kurdos e os sucesivos enfrontamentos cos inspectores de desarmamento da ONU, provocaron un incremento da tensión internacional, que desembocou nun conflito armado (2003) no país, liderado por EE UU e no que Ḥusayn foi apresado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tikr&#