husita

husita

(< antropónimo Jan Hus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Jan Hus e ás súas doutrinas.

  2. adx e s [RELIX]

    Partidario da doutrina de Jan Hus. Trala súa execución, os seus seguidores constituíron en Praga unha confederación de nobres. O movemento converteuse en contestatario en nome do Evanxeo e do nacionalismo checo contra a Igrexa Católica e o Sacro Imperio Romano-Xermánico. A partir da Defenestración de Praga (1419) o movemento radicalizouse: creáronse comunidades de crentes (a primeira en Tabor, Bohemia) e  inmediatamente o movemento dividiuse en dúas faccións que representaban os intereses de clases sociais opostas, por unha banda á aristocracia e á alta buguesía, e pola outra ás clases populares, que se enfrontaron abertamente en 1434, con vitoria para os primeiros. Coa conversión ao husitismo do Rei Xurxo de Poděbrad (1462) declarouse de novo a guerra, que se prolongou ata a Paz de Kutná Kora (1485), que sentou as bases da convivencia de católicos e husitas e a unión dos xermanos bohemios.