"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Está situada na parroquia de Castrelo (Forcarei). Realizada en lousa, é de estilo románico. De tres pisos, o terceiro alberga as campás; no exterior conta cunha escaleira de caracol e cunha punta de frecha como remate da cornixa. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
GALICIA
Pintor. Foi o fundador do grupo pictórico Ancla (1974), do que foi elixido secretario xeral en 1995. Realizou exposicións individuais e participou noutras de carácter colectivo en Galicia e en diversas cidades de España, Portugal e Francia. Escribiu unha monografía sobre Julio Argüelles, editou o Directorio de Académicos 1996 da Real Academia de Belas Artes de Galicia e Un museo para Ferrol, e coordinou Ferrolanos hoy: el barítono Julio Barcón (1996). Así mesmo, fundou e dirixiu as revistas Arte Galicia (1979) e Poesía Galicia (1981). Foi galardoado, entre outros premios, coa medalla de prata do I Salón Militar de Pintura (1981) e co II premio de Pintura Isaac Díaz Pardo (1989). É membro da Asociación Española de Críticos de Arte (1982), da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1994) e da Real Academia Galega de Belas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fala moito e desatinadamente. SIN: baralleiro, barallocas, barulleiro.
-
PUNTA
Punta do litoral oriental da parroquia e concello de Fisterra, situada entre as praias da Ribeira (ó N) e Corbeiro (ó S).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ILLAS
Illa do arquipélago Svalbard (Noruega), situada entre a illa de Spitzbergen e a de Edge (1.330 km2). Tomou o nome do explorador holandés Willem Barents, que descubriu o arquipélago no 1596.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
barrilleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer chuvia miúda e fina.
-
CAPITAIS
Capital do departamento do Atlántico, Colombia, preto da desembocadura do río Magdalena, que é navegable dende o seu porto (1.157.826 h [1997]). Situada nunha rexión agrícola, é ao mesmo tempo un centro industrial, pesqueiro e comercial, que canaliza a maior parte do comercio exterior de Colombia. A cidade, fundada no 1629, adquiriu importancia a mediados do s XIX, medrando extraordinariamente a partir do 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Grupo de illotes situados no canle de Mozambique, na costa occidental de Madagascar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
barrilleira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación da Nosa Señora da Asunción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no extremo NL da provincia, no límite con Cantabria (2.052 h [1996]). Os seus principais recursos económicos son as minas de hulla, a agricultura e a gandería bovina e ovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido polo pseudónimo Baccio della Porta. Formouse á beira de Cosimo Roselli. No ano 1494 montou o seu obradoiro con Mariotto Albertinelli. Influído por Savoranola, ingresou na orde de San Domingos (1500) e, tralo seu retiro a San Marco de Florencia, puxo a súa obra ao servizo da relixión. A súa arte adoitou unha forma clásica, influída polo sfumato de Leonardo e a harmonía de Rafael. Contribuíu a fixar a tipoloxía da Virxe e entre as súas obras salientan: Aparición de Deus a santa Caterina e santa Margarida e Os desposorios místicos de santa Catarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de rickettsias parasitas do home e, ocasionalmente, doutros mamíferos. Desenvólvense nos glóbulos e nos epitelios dos vasos sanguíneos. A especie B. bacilliformis causa a bartonelose ao home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confusión e ruído de voces, risos, berros, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai barullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer barullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel García Barzanallana.
-
GALICIA
Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.
VER O DETALLE DO TERMO