Basa Villadefrancos, Leopoldo
Basa Villadefrancos, Leopoldo
Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Donostia