"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investigación arqueolóxica que inclúe de maneira significativa ferramentas informáticas (ordenadores e programas) na súa metodoloxía. Desenvólvese fundamentalmente no campo da Estatística, clasificando e organizando a información cuantificada para a súa interpretación; no das bases de datos, organizando e resumindo grandes masas de información codificada; no das aplicacións gráficas para procesar planos de escavación e materiais; no do tratamento dixital de imaxes por teledetección; no da simulación para reconstruír estruturas e sistemas; ou no dos sistemas expertos para automatizar labores descritivas e analizar os procesos de razoamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao estudo da Arqueoloxía. Como profesión que afecta á situación do patrimonio cultural, os estados tenden a regulamentar o seu exercicio, principalmente para levar a cabo escavacións e outros tipos de intervención irreversibles sobre o patrimonio cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que se interesa polo coñecemento global da experiencia humana no pasado: cómo se organizaba a xente en grupos sociais e cómo explotaba o entorno; qué comían, facían e crían; cómo se comunicaban e por qué cambiaron as súas sociedades. Consiste, tamén, no descubrimento dos restos e obxectos do pasado, no traballo meticuloso do analista científico e no exercicio da imaxinación creativa e, así mesmo na escavación dun depósito ou xacemento e na busca de depósitos submarinos. A Arqueoloxía é, pois, tanto unha actividade física de campo como unha busca intelectual no estudo ou no laboratorio, residindo na súa historia a mellor explicación do seu obxecto e finalidade. A súa orixe estivo en Italia, especialmente en Roma, dende onde se espallou polo resto dos países europeos; sen embargo, foi no s XIX cando se configurou como campo de estudio. A Arqueoloxía anticuarista (defendida por Aubrey), moi vinculada ao crecemento do concepto de nacionalidade, tendeu ao descubrimento e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Arqueoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de datación baseada na comparación entre o magnetismo remanente (orientación das partículas de ferro e intensidade do campo magnético terrestre) que permanece fixo en certos materiais (cerámicas cocidas a 650º non requecidas con posterioridade, fornos, fogares, etc), coas variacións rexistradas ao longo do tempo no campo magnético terrestre. Deste xeito pódese elaborar un esquema das variacións temporais na dirección magnética, que se pode empregar para datar outras estruturas de arxela cocida e idade descoñecida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio metalúrxico de materiais arqueolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas empregadas polas ciencias auxiliares da Arqueoloxía como axuda na interpretación do pasado: análises físico-químicas (raios X ou isótopos, etc), estatísticas (arqueoinformática), paleontolóxicas (arqueozooloxía) ou métodos de datación (carbono 14, etc).
-
-
Ave da subclase dos arqueornitas.
-
Subclase de aves extintas do Xurásico tardío e principios do Cretácico á que pertence o xénero Archaeopteryx.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Arqueozoico.
-
Precámbrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamén chamada Zooarqueoloxía, o termo inclúe as técnicas de análise e identificación dos restos óseos (tafonomía) recuperados nos depósitos arqueolóxicos. O seu obxecto é a reconstrución do medio ambiente circundante ao depósito arqueolóxico e das actividades económicas, e dieta alimenticia dos seus ocupantes. Para utilizar os restos faunísticos como indicador do contorno, débese observar a evidencia cun enorme senso crítico; así, debemos comprender as complexas relacións entre os animais actuais e o seu medio e estudar cómo chegaron os restos de animais a un depósito (ben de xeito natural, ben debido á actividade humana ou dos preeiros), para así descubrir ata que punto son representativos da fauna desa época. Logo destas precaucións, poderase cuantificar e valorar a presenza dos diferentes animais que configuraban o contorno das sociedades pasadas. Así mesmo, o estudo dos ósos tamén pode constituír unha base xeral para a cronoloxía; neste sentido, os restos animais foron a primeira...
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Cofundador do Círculo de Estudios Marxistas (1927). Caída a ditadura de Primo de Rivera cofundou o Bloc Obrer i Camperol. Durante a Guerra Civil española (1936-1939) foi un dos xefes da columna do POUM que operou na fronte de Aragón. Colaborou en numerosos xornais e foi tradutor, prologuista e anotador de obras como El comunismo y la cuestión nacional y colonial (1930) na que se recollen textos de Lenin, Stalin e Bukharin, e Crítica del programa de Gotha (1936) de Marx, e autor de De Pi i Margall al comunismo (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e teólogo sardo. Colaborou na Cosmographia de Sebastian Münster coa breve monografía Sardiniae brevis historia et descriptio (1550), interesante polas referencias á situación do bilingüismo catalán-sardo na illa e polos ataques contra da Inquisición. A amizade con Gaspar de Centelles (1548-1551) comprometeuno ao iniciarse no proceso inquisitorial contra este (1563). Á súa volta foi arrestado e morreu queimado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de células que se diferenza e orixina o tecido esporóxeno.
-
-
Arca pequena.
-
Pequeno depósito destinado a almacenar a auga que logo vai ser distribuída.
-
Caixa de metal, madeira, marfil ou doutros materiais pechada con fecho para gardar xoias, papeis, etc.
-
Caixa do muíño que recolle a fariña que cae ao moer.
-
Caixa pequena que hai nas igrexas onde se deposita a esmola.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Talo de tipo simple, presente nas algas, no que todas as células son parecidas e susceptibles de dividirse por bipartición ou por reprodución sexual.
-
-
Relativo ou pertencente a un arquetipo.
-
Escola de crítica literaria baseada no recoñecemento de universais literarios, denominados arquetipos: imaxes, temas, modelos narrativos e outros fenómenos que aparecen en todas as culturas. Defende o estudo de cada obra literaria integrándoa no conxunto da literatura.
-
-
-
Tipo ou modelo ideal, perfecto, orixinal ou primario que serve de modelo.
-
Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.
-
Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.
-
Na filosofía de Platón, cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles.
-
Códice, conservado ou non, que serve de modelo a unha familia de manuscritos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que respira con dificultade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Respirar de xeito entrecortado, apurado e con certas dificultades por mor da calor, dunha doenza, do cansazo, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de arquexar.