arquetipo
arquetipo
(< lat archetypu < gr ἀρχητύπος‘tipo primitivo’)
-
s
m
Tipo ou modelo ideal, perfecto, orixinal ou primario que serve de modelo.
Confrontacións: prototipo. -
s
m
[ANTROP/PSIC]
Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.
-
s
m
[BIOL]
Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.
-
s
m
[FILOS]
Na filosofía de Platón, cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles.
-
s
m
[LIT/ARQUIV]
Códice, conservado ou non, que serve de modelo a unha familia de manuscritos.