"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa, situada entre as puntas de Cabeza de Moro e Chan, na parroquia do Grove, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Desempeñou a cátedra de Retórica e Poética no Instituto de Lugo (1863-1873) e a de Literatura Latina e Española nas universidades de Valladolid e Santiago de Compostela (1876). Colaborador de La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia Humorística, publicou Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrución pública españolas (1868) e Entretenimientos literarios (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Vinculado á Universidad Complutense de Madrid, estivo relacionado coa dereita ideolóxica e financeira. Foi ministro de Xustiza (1976-1979), senador por designación real (1977-1979), deputado por Jaén (1979-1982) e presidente do Congreso de los Diputados (1979-1982). A crise de partido de UCD levouno en 1982 a asumir a presidencia, pero dimitiu e foi reelixido ata a disolución do partido en 1983, ano a partir do que foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de arrendamento de bens de equipamento a empresas industriais que realizan certas empresas financeiras, especializadas neste tipo de operacións, mediante o pagamento dunhas cotas determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión situada no NO de Occitania, Francia (16.942 km2; 344.721 h [1999]). Composta polos departamentos de Alta Viena, Corrèze e Creuse. A capital é Limoges. A base da súa economía é a gandería bovina, e tamén destaca a ovina. Romanizada a partir de 51 a C, foi evanxelizada no s III por san Marcial. Ocupada polos visigodos (419-507) e polos francos (507-511), pasou sucesivamente a formar parte dos reinos de Neustria (511-584) e de Aquitania (584-876). Converteuse en condado da Marca na época carolinxia, e durante tres séculos estivo baixo dominación inglesa, ata que a conquistou Carlos V (1370-1374). Coa anexión dos vizcondados de Limoges (1607) e de Turena (1738), incorporouse á coroa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • condado da Marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Limoges, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Limoges.

    3. ariedade setentrional da lingua de oc que se fala en Limoges e na súa contorna. Distínguese do languedociano central pola palatalización de ca e ga latinos (vacha, plaja), a caída ou vocalización de s ante c, p e t (feta/festa), a vocalización de s en final de palabra ou a perda con alongamento de vocal anterior (òmei/homes, chabra/cabras), a vocalización en u de ll latino intervocálico (chatèu/castelo) e a distinción entre b e v.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria ligada ao sexo masculino, que está causada por un trastorno do metabolismo das purinas que provoca nos pacientes retraso mental e outros trastornos neurolóxicos. Foi descrita en 1964 polos pediatras estadounidenses M. Lesch e W. L. Nyhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Hvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Filla dun oficial británico, instalouse en Londres en 1949. Comprometeuse coa denuncia do colonialismo europeo en África e publicou 20 novelas, 11 volumes de relatos, varios ensaios, obras de teatro, poemas e algunha autobiografía. Da súa produción destacan Canta a herba (1951), Contos africanos (1951), O caderno dourado (1962, Premio Médici de Francia), A boa terrorista (1985), Historias de Londres (1992) e O soño máis doce (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2001) e o Premio de Literatura David Cohen (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, escritor e dramaturgo alemán. Máximo representante da ilustración, exerceu unha influencia decisiva na literatura alemá (Herder e Goethe, sobre todo) da que foi un dos mellores estilistas. Bibliotecario en Wolfenbüttel desde 1770, iniciou un período de loita espiritual, que superou en Nathan der Weise (Nathan o sabio, 1779) e Die Erziehung des Menschengeschlechts (A educación do xénero humano, 1780). Da súa produción destacan os seis volumes de Schrifte (Escritos, 1753-1755), Fabeln (Fábulas, 1759), Laokoon (Laocoonte, 1776) e pezas teatrais como Sara Sampson (1755), Minna von Barnhelm (1767), Emilia Galotti (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Na súa obra destaca a monotonía, a frustración emocional e a falta de valores espirituais e emocionais da clase media estadounidense. Da súa produción destacan as novelas realistas sobre a vida de provincias, Main Street (1920), Babbitt (1922) e Kingsblood Royal (1947). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma leve da hipercalcemia idiopática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou especialmente o retrato en esmalte. Traballou para a corte francesa en Fontainebleau onde se formou xunto a F. Primaticio. En Limoges dirixiu a manufactura real de esmaltes. Foi retratista de Francisco I e Enrique II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Automóbil de luxo de carrocería grande e pechada e catro portas, a miúdo con separación entre o habitáculo do condutor e o dos pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección grave do lactante, que se caracteriza por aplasia do tecido linfático, linfopenia importante e tendencia a candidiases repetidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento de cor escura, depositado en diversos tecidos humanos ou animais, que semella que é o estado final da actividade lisosomática. OBS:   Tamén se denomina pigmento do desgaste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aminoácido esencial sintetizado polas bacterias e as plantas superiores, pero non polos animais superiores.

    2. Enzima que produce a lise dunha célula (citolisina) ou tecido. Se destrúe bacterias fálase de bacteriolisinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne de forte raiceira da que saen gran cantidade de follas lanceoladas e estreitas na base, polo que semellan sentadas. As flores son de cor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artesán. Conspirador liberal, liderou a sublevación na Coruña contra os franceses (1808) e colaborou coa Xunta de Armamento e Defensa (1810). Abriu unha fábrica de armas en Santiago de Compostela (1811) e colaborou no Diario Cívico-Patriótico. Participou nas conxuras militares que levaron ao Levantamento de Porlier (1815), polo que os absolutistas o detiveron e o executaron.

    VER O DETALLE DO TERMO