"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de reduplicar ou reduplicarse.

    2. Procedemento morfolóxico que consiste na repetición dunha palabra ou dun elemento dunha palabra.

    3. anadiplose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reeditar.

    2. Nova edición dunha obra ou publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reedificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reeducar.

    2. Conxunto de medidas terapéuticas encamiñadas a permitirlle a un individuo que sofre unha afección motora ou psicomotriz o uso máis ou menos completo da función perturbada.

    3. Conxunto de técnicas psicopedagóxicas aplicadas co obxectivo de solucionar diversos problemas escolares (trastornos do cálculo e a lectura, descenso do rendemento, etc), ou incluso de aspecto máis xeral dentro do ámbito da psicoloxía infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reelaborar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reelixir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reencarnar ou reencarnarse.

      1. Denominación común de diversas crenzas relixiosas, sobre todo orientais, que conciben o home suxeito, en sucesivas vidas, a diversas existencias humanas ou animais.

      2. Proba potestativa, realizada no espiritismo, á que se somete a alma para purificarse e que pode realizar volvendo á terra, onde toma o corpo doutra persoa, dun animal ou vexetal, ou ben indo a outro mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reestruturar.

    2. Proceso de adecuación dun sector produtivo, mediante unha nova combinación de factores, para obter máis produtividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reexpedir. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reexportar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición dun tema xa aparecido, normalmente no ton orixinal, nunha obra musical construída segundo a forma sonata. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao crédito que procede de diñeiro deixado para aderezar ou fabricar unha cousa, como por exemplo unha nave ou unha casa, ou ben o valor dos traballos e materiais empregados na obra, cousa pola que ten un dereito de preferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida lixeira que se toma para recuperar as forzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de refinar ou refinarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reflotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso diacrónico de reorganización fonolóxica que consiste nun cambio de trazos distintivos nunha entidade fonemática. Así, por exemplo, a oposición latina entre as consoantes -TT- e -T- intervocálicas reorganizouse en /t/ e /d/, como por exemplo GŬTTA > gota; VĪTA > vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repoboación do bosque mediante a plantación de árbores. OBS: Tamén se denomina repoboación forestal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reformular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da traxectoria dun raio ou da fronte dunha onda cando atravesa unha superficie que delimita dous medios diferentes. Para unha refracción determinada, defínese o coeficiente de transmisión T como T = I r /I i , onde I i , é a intensidade da onda incidente e I r é a da onda refractada. En determinadas condicións pode non haber refracción e aparecer o fenómeno da reflexión total. No caso das ondas luminosas, as leis da refracción, na aproximación da óptica xeométrica, resultan ser unha consecuencia do principio de Fermat, no caso máis xeral, ou do principio de Huygens.

      1. índice de refracción

        Número adimensional n=c/v para un medio material, onde c é a velocidade da luz no baleiro e v a velocidade da luz no medio material considerado. Cando o valor de n nun medio material A é máis grande ca o doutro medio B, dise que A é máis refrinxente ca B.

      2. refracción dobre

        birrefrinxencia.

    2. Parámetro determinado co refractómetro de Abbé na análise de alimentos, que se emprega para a valoración da concentración de solucións de azucres (xaropes) e a identificación de graxas.

    3. Fenómeno que consiste na variación da dirección de propagación dunha onda sonora, ao pasar dun medio a outro, debida á distinta velocidade de propagación do son nos dous medios.

    4. Refracción que sofren os raios luminosos dos astros ao atravesar a atmosfera. Os raios luminosos atopan no seu camiño rexións de distintas densidades e por iso a posición que se ve dun astro no firmamento non é a real, senón lixeiramente desprazada, debido a que os raios luminosos son desviados polas refraccións sucesivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de refrixerar.

    2. Produción ou utilización de temperaturas inferiores ás atmosféricas normais, que se obteñen mediante diversos efectos físicos, como a radiación, as variacións de calor latente ou sensible; efectos químicos, efectos termoeléctricos e mesmo efectos magnéticos.

    3. Procedemento para a conservación de alimentos que provoca a inhibición do crecemento microbiano e das reaccións enzimáticas, efectuado a temperatura inferior á de conxelación do produto alimentario, empregado cando se quere conseguir a conservación deses produtos durante períodos de tempo relativamente curtos. A refrixeración emprégase tamén como tecnoloxía auxiliar na preparación de diversas bebidas fermentadas, como a cervexa, o viño e a sidra.

    VER O DETALLE DO TERMO