refracción
(< lat refractiōne)
-
s
f
[FÍS]
Modificación da traxectoria dun raio ou da fronte dunha onda cando atravesa unha superficie que delimita dous medios diferentes. Para unha refracción determinada, defínese o coeficiente de transmisión T como T = I r /I i , onde I i , é a intensidade da onda incidente e I r é a da onda refractada. En determinadas condicións pode non haber refracción e aparecer o fenómeno da reflexión total. No caso das ondas luminosas, as leis da refracción, na aproximación da óptica xeométrica, resultan ser unha consecuencia do principio de Fermat, no caso máis xeral, ou do principio de Huygens.
-
[FÍS]
-
índice de refracción
Número adimensional n=c/v para un medio material, onde c é a velocidade da luz no baleiro e v a velocidade da luz no medio material considerado. Cando o valor de n nun medio material A é máis grande ca o doutro medio B, dise que A é máis refrinxente ca B.
-
refracción dobre
birrefrinxencia.
-
índice de refracción
-
índice de refracción
[ALIM]
Parámetro determinado co refractómetro de Abbé na análise de alimentos, que se emprega para a valoración da concentración de solucións de azucres (xaropes) e a identificación de graxas.
-
refracción acústica
[FÍS]
Fenómeno que consiste na variación da dirección de propagación dunha onda sonora, ao pasar dun medio a outro, debida á distinta velocidade de propagación do son nos dous medios.
-
refracción astronómica
[ASTRON]
Refracción que sofren os raios luminosos dos astros ao atravesar a atmosfera. Os raios luminosos atopan no seu camiño rexións de distintas densidades e por iso a posición que se ve dun astro no firmamento non é a real, senón lixeiramente desprazada, debido a que os raios luminosos son desviados polas refraccións sucesivas.