Refoxos, San Breixo de

Refoxos, San Breixo de

Igrexa parroquial situada en Cortegada. Dependeu do mosteiro de Celanova e está arrimada á casa prioral do s XVIII, formando un só corpo con ela. O seu muro frontal común caracterízase pola pureza de liñas, a sobriedade e a elegancia. O seu oratorio converteuse no s XIX no templo parroquial, cunha nave de tres tramos e cuberta de madeira, imitando un teito abovedado.