"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Persoa que se dedica profesionalmente á taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • idro de composición basáltica que se produce a causa do enfriamento rápido dun magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de escribir a máquina e con taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica profesionalmente á taquimecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da topografía que estuda as técnicas de levantamento de chairas por medio dun taquímetro e, en xeral, de todos aqueles levantamentos que se efectúan medindo á vez distancias, alturas e ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento semellante ao teodólito que serve para medir rapidamente distancias, posicións relativas e elevacións de obxectos distantes. Un taquímetro é esencialmente un teodólito, pero cunha lente de dimensións moi grandes, que mide as distancias e, ademais, a graduación dos círculos faise en sentido directo. Foi inventado por Porro e perfeccionado, máis tarde, por Moynot e Goulier. Existen dous tipos: os ordinarios, que miden as distancias oblícuas, e os autorredutores, que dan directamente as distancias horizontais.

    2. tacómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taquínidos.

    2. Insecto da familia dos taquínidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, cuxas larvas son parasitos de eirugas e outros insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula hipotética cunha velocidade de desprazamento superior á da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respiración acelerada, con frecuencia superior a 20-24 respiracións por minuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do número de pulsacións por minuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que se obtén por irradiación con luz ultravioleta do ergosterol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaxénese que se produce a unha velocidade máis rápida do habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite a presentación de estímulos visuais por períodos de tempo moi breves e graduables. Emprégase en psicoloxía experimental e cognitiva e, tamén, na aptitude para a condución de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación rápida dos ouriños despois da inxestión dun líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela trapezoidal que se emprega en embarcacións pequenas e que se caracteriza porque a súa caída de popa é moito máis longa ca a de proa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Viterbo, Lacio, Italia (14.859 h [2001]). Está situada nun pequeno outeiro a 149 m, á beira do Mar Tirreno e ao N de Civitavecchia. Fundada ao comezo do s X a C, no s IV, uniuse a Roma como estado etrusco federado. No s VI a poboación trasladouse ao lugar do veciño castelo de Corneto e adoptou o seu nome. Posesión dos Estados Pontificios no s XIV, en 1922 recobrou o nome primitivo. Conserva da cidade etrusca a necrópole, con cámaras funerarias subterráneas ornamentadas con pinturas. Da época medieval destacan a igrexa de Santa Maria di Castello, de estilo lombardo, a igrexa de San Pancrazio (s XIII) e o conxunto de torres denominado Palazzo del Priori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Casou con Lucrecia e foi, con Lucio Xuño Bruto, un dos primeiros cónsules, en 509 a C. A morte da súa dona deu pé a unha revolta que acabou coa monarquía dos Tarquinios e deu lugar á república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto rei de Roma (616? a C - 579 a C), fillo de Damarato de Corinto e dunha muller etrusca. Foi a Roma e cambiou o seu nome orixinario Lucumon polo de Tarquinio. Sucedeu ao Rei Anco Marcio á súa morte e fíxose chamar rei do pobo. Venceu os latinos, os sabinos e os etruscos e distinguiuse como bo reformador. Emprendeu grandes obras públicas, como o secado do foro por medio da Cloaca Máxima, ou a construción do Circo Máximo. Foi asasinado por mandato dos fillos de Anco Marcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lacio s VI a C - Cumes s VI a C) Derradeiro rei de Roma (534-510 a C), fillo ou sobriño de Tarquinio Prisco. Conseguiu o reino ao morrer Servio Tulio. Perseguiu os senadores, oprimiu o pobo e afirmou a hexemonía de Roma sobre os outros pobos do Lacio.

    VER O DETALLE DO TERMO