taquímetro
taquímetro
(< taqui- +- 1 metro)
-
s
m
[TECNOL]
Instrumento semellante ao teodólito que serve para medir rapidamente distancias, posicións relativas e elevacións de obxectos distantes. Un taquímetro é esencialmente un teodólito, pero cunha lente de dimensións moi grandes, que mide as distancias e, ademais, a graduación dos círculos faise en sentido directo. Foi inventado por Porro e perfeccionado, máis tarde, por Moynot e Goulier. Existen dous tipos: os ordinarios, que miden as distancias oblícuas, e os autorredutores, que dan directamente as distancias horizontais.
-
s
m
[TECNOL]
tacómetro.