"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Serviuse de todos os estilos literarios coa finalidade de provocar o lector. Da súa ampla obra cómpre destacar Gedichte über die Liebe und über die Lasterhaftigkeit (Poesías sobre o amor e sobre a inmortalidade, 1975) e Grammatik der Rosen (Gramática das rosas, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrónico italiano. Estudiou en Turín e foi catedrático de radiotelegrafía e consultor científico da Mariña italiana, á cal dedicou os seus inventos. Ocupouse da dirixibilidade das ondas radioeléctricas. En 1907, patentou o radiogoniómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de branquia que presentan algúns crustáceos enxertada na membrana articular que une a base dun parapodio co corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Londres por Charles Robert Ashbee en 1888. Deriva da Morris and Co, creada por William Morris en 1861 coa finalidade de perfeccionar e renovar as creacións artesanais, fronte ao predominio do maquinismo. As orientacións de Ashbee tenderon cara ao deseño industrial, aínda que ligadas esteticamente ás ideas prerrafaelitas, sobre todo a través da obra de Walter Crane. O seu decorativismo lígalles ás primeiras manifestacións do Modernismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque anxevino de Bretaña (1196-1203), conde de Anjou e do Maine (1199-1203). Fillo póstumo de Godofredo de Inglaterra e de Constanza, duquesa de Bretaña. Baixo a protección de Filipe II de Francia reivindicou os seus dereitos á Coroa inglesa perante o seu curmán Xoán sen Terra, co que se enfrontou. Artur, que recibira a investidura de Aquitania, Anjou e Maine, emprendeu a conquista pero foi sorprendido e feito prisioneiro en Mirebeau por Xoán sen Terra, que o executou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe do que se conta que foi martirizado en Córdoba polos mouros. A festa de santo Arximiro celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresor do século XIX. Fillo do tamén impresor Pascual Arza, ao que substituíu á fronte da súa imprenta en Santiago de Compostela no 1838, despois de publicar algúns xornais. A empresa pertenceu á familia Arza ata 1860, data na que lle foi arrendada a Cástor Míguez tras un primeiro arrendamento a Timoteo Pombo en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro. Realizou estudios na Escola de Hostalería de Madrid entre os anos 1962 e 1965. Entre as moitas distincións coas que conta destacan: Premio Nacional de Gastronomía como mellor restaurante (1985 e 1995), Gran Premio da Arte da Cociña como mellor cociñeiro de Europa pola Academia Europea de Gastronomía (1992), Cabaleiro das Artes e das Letras do ministerio de Cultura francés e a Medalla de Ouro da cidade de Donostia. Posúe un coñecido restaurante en Donostia, situado na casona que seu avó utilizaba como adega, referencia obrigada da moderna cociña vasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Licenciado en Dereito e doutor en Letras, ampliou os seus estudios en Alemaña e posteriormente foi profesor de Dereito Político nas Universidades de Madrid, Bilbao e Deusto. En 1968 ingresou no Partido Nacionalista Vasco (PNV), polo cal foi deputado a Cortes (1977-1979). En 1980 foi elixido Presidente do partido, pero demitiu en 1984. No ano 1986 foi reelixido, así como en anos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arzúa.

    2. Natural ou habitante de Arzúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista armenio. En 1956 foi nomeado director do Instituto Económico da Academia de Ciencias da URSS. Entre as súas obras destacan Chtotakoe imperializm (Que é o imperialismo?, 1954) e Problemy sorremennogo kapitalizma (Crise do mundo capitalista, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado por mor das festas As San Lucas de Mondoñedo. No exemplar de 1941 aparecía poesía galega da man de Xosé Mª de la Fuente, Xosé G. Cascudo e Eduardo Lence-Santar, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual das festas As San Lucas de Mondoñedo e relacionada tematicamente coa publicación da posguerra. O número de outubro de 1991 está dedicado á figura de Álvaro Cunqueiro coa reprodución dalgúns artigos seus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro feminino situado na parroquia de Asadur, no actual concello de Maceda. Tivo como ilustre membro da súa comunidade á infanta dona Ximena, filla de Ordoño II e da Raíña Elvira. Sabemos da súa presenza no cenobio de Asadur por un documento de 935 conservado no tombo de Celanova. Este mosteiro conta cunha colección de pergameos, hoxe en día gardada no Arquivo da Catedral de Ourense, e composta de 31 documentos en lingua latina e romance datados entre os anos 1191 e 1542. Esta colección foi editada por Emilio Duro Peña en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen asalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [URD] Asemblea conservadora celebrada o 5 e 6 de febreiro de 1933 na cidade de Santiago de Compostela. Participaron representantes de todas as agrupacións locais da URD en Galicia co obxectivo principal de unir a dereita galega, en previsión de non volver á situación de división previa ás eleccións a Cortes de xuño de 1931, e que supuxo un fracaso estrepitoso da dereita a nivel estatal. A URG saíu reforzada da asemblea, cohesionada e organizada para competir en igualdade de condicións fronte á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), de Casares Quiroga. A asemblea de Santiago de Compostela constituíuse no acto preparatorio do Congreso de Derechas Autónomas que ía ter lugar en Madrid entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo de 1933, e do que sairía constituída a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), o partido conservador de maior relevancia da Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asaña facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de asañar ou asañarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfurecer ou incomodar a alguén.

    2. Abandonar os paxaros o niño por decatárense de que alguén os axexa ou que lle remexeron no niño.

    3. Resentirse por algún motivo ou comportamento.

    4. Gozar facendo mal a alguén.

    5. Agravarse unha ferida ou enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO