Asamblea Regional de la Unión Regional de Derechas de Santiago de Compostela
[URD] Asemblea conservadora celebrada o 5 e 6 de febreiro de 1933 na cidade de Santiago de Compostela. Participaron representantes de todas as agrupacións locais da URD en Galicia co obxectivo principal de unir a dereita galega, en previsión de non volver á situación de división previa ás eleccións a Cortes de xuño de 1931, e que supuxo un fracaso estrepitoso da dereita a nivel estatal. A URG saíu reforzada da asemblea, cohesionada e organizada para competir en igualdade de condicións fronte á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), de Casares Quiroga. A asemblea de Santiago de Compostela constituíuse no acto preparatorio do Congreso de Derechas Autónomas que ía ter lugar en Madrid entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo de 1933, e do que sairía constituída a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), o partido conservador de maior relevancia da Segunda República.