"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital   do il de Adiyamán, Turquía, ao NL de Gaziantep (129.919 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (7.423 km2 ; 522.000 h [1990]). A capital é Adiyaman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica francesa. Participou, entre outras, nas películas: L’histoire d’Adèle H (1975),   Nosferatu (1978), Quartet (1981), Possession (1981), Camille Claudel (1988), Mexic Affair (1993) e La reine Margot   (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía funj do Sennar, na Mesopotamia nilótica, que se impuxo por un curto período a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán, nacionalizado norteamericano. Formou sociedade con Louis Sullivan. Entre outros edificios realizaron o Auditorium de Chicago e o Guaranty Building de Buffalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austríaco, fillo de Viktor Adler. Foi secretario do Partido Social-Demócrata e dirixente da minoría antibelicista durante a Primeira Guerra Mundial. Condenado a morte polo asasinato (1916) do Primeiro Ministro, o conde Stürgkh, no 1918, ao caer a monarquía, foi amnistiado. Foi secretario da Internacional Socialista (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político finlandés ao servizo de Suecia. Con Adlesparre, preparou a revolta que destronou a Gustavo Adolfo IV (1809) e deu o poder ao duque Carlos, co nome de Carlos XIII. Este nomeouno Conselleiro de Estado (1810) e conde de Adlercreutz (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote, diácono ou semellante que administra os sacramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas do Pacífico, no arquipélago de Bismarck, ao NL de Nova Guinea. Manus é a meirande das illas, e ten a principal poboación, Lorengau, que conta con aeroporto. Horno, Tong, Lou e Baluan son outras illas de maior tamaño do arquipélago. Os habitantes son de etnia melanesia. Descobertas por Le Maire e por Villem Schouten no 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, polos xaponeses e polos norteamericanos, entre 1885 e 1944. En 1945 foron reintegradas á confederación australiana e na actualidade forman parte do territorio de Nova Guinea de fideicomiso australiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira da Antártida, que bordea a costa de Victoria Land e culmina nos 3.000 m de altitude do monte Whewell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inversa á impedancia, é dicir, a relación entre a intensidade e a tensión nunha corrente alterna. Mide a facilidade coa que esta corrente recorre un condutor ou un circuíto determinado, baixo o efecto da fem aplicada. A súa unidade é o siemens. Chámase tamén condutancia aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de musulmán e de cristiá, seica foi martirizado xunto cos seus irmáns Xoán e Auria polos árabes de Córdoba no 852. A súa festa celébrase o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Xermania e Rei de Romanos (1292-1298), da familia dos Nassau. Foi elixido nunha revolta dos electores contra os Habsburgo. Destronado en Maguncia, morreu loitando contra Alberte de Habsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (?   - Terra de Santiago, 876). Dende o ano 855 Bispo de Iria Flavia, logo de Compostela, xa que é durante o seu Bispado cando se traslada a Sé catedralicia iriense a Compostela (862); a partir deste momento, os titulares da diócese nomeáronse Bispos de Iria e da Cátedra de Santiago. Calumniado por Ordoño I, Rei de Asturias, Galicia e León, sufriu como castigo que o enfrontaran a un touro bravo. Non obstante , o animal, no canto de escornalo, deitóuselle mansamente aos pés.   Salienta o feito de este santo non ter parroquia nin romaría propia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que adopta ou afilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa de tendencia católico-conservadora xurdida nos anos cincuenta do século XX e subtitulada “Sección de La Coruña”. Informaba sobre as datas, os turnos e as vixilias dos adoradores, amais sobre coloquios espirituais e outros temas relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Xénova. Representante do partido popular oposto ás familias burguesas e señoriais. En 388 promoveu unha alianza con Pisa e Sicilia contra os piratas bérberes. En 1396 entregará Xénova ao Rei de Francia para impedir que se apoderase dela Gian Galeazzo Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para adozar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. raia bicuda.

    2. Home corpulento.

    VER O DETALLE DO TERMO