Adolfo II ou Adulfo de Galicia, santo
Adolfo II ou Adulfo de Galicia, santo
(? - Terra de Santiago, 876). Dende o ano 855 Bispo de Iria Flavia, logo de Compostela, xa que é durante o seu Bispado cando se traslada a Sé catedralicia iriense a Compostela (862); a partir deste momento, os titulares da diócese nomeáronse Bispos de Iria e da Cátedra de Santiago. Calumniado por Ordoño I, Rei de Asturias, Galicia e León, sufriu como castigo que o enfrontaran a un touro bravo. Non obstante , o animal, no canto de escornalo, deitóuselle mansamente aos pés. Salienta o feito de este santo non ter parroquia nin romaría propia en Galicia.