"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fileira de trazos de esmalte de distinta clase colocada sobre un pao, banda ou barra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo con contrabretés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación cultural en galego editada pola agrupación coral do mesmo nome en Bos Aires durante o ano 1958. Subtitulouse “No seu quinto ano de eisistencia” e contaba cun consello de redacción formado por Manuel Cordeiro, Evelio Iglesias e César Quiroga. Incluíu colaboracións de Xosé Neira Vilas, Alberto Vilanova, Leandro Carré Alvarellos e Antón Santamarina, entre outros. Á parte dos traballos literarios, inseriu notas sobre cultura galega en xeral, acompañadas dalgunhas imaxes de persoeiros galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e empresario. Licenciado en Enxeñería Mecánica polo Instituto Superior Técnico (1946), ampliou estudios no Imperial College de Londres. Foi secretario de Industria Pesada no sexto goberno provisional (1976), ministro de Industria e Tecnoloxía no primeiro goberno constitucional (1977) e primeiro ministro do terceiro goberno constitucional (1978), baixo a presidencia de Ramalho Eanes. Pertenceu ao Conselho de Estado. En 1980 presidiu a comisión da candidatura á presidencia de Eanes e en 1985 propuxo a candidatura de Mário Soares. Despois de abandonar a política, dedicouse ao mundo empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Opúsculo da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao que apareceu en 1930, publicado co selo editorial do Seminario de Estudos Galegos en Santiago de Compostela. Elaborouno a partir dos datos recollidos nun traballo de campo en Bretaña, ao que incorporou máis de 150 láminas como material de ilustración. Foi Valentín Paz Andrade quen, na viaxe que fixo á Bretaña francesa en 1927, informou a Castelao (nalgunhas cartas escritas dende Lorient e outras vilas bretonas) das semellanzas entre os cruceiros galegos e os calvaires bretóns. Interesado no tema, os seus amigos de Pontevedra conseguiron que a Junta de Ampliación de Estudios lle concedese a Castelao unha segunda bolsa de viaxe que lle permitiu -acompañado esta vez da súa dona, Virxinia- percorrer as terras da península de Armórica no ano 1928. Visitou, así, Bretaña e estudiou menhires, dolmens, megalitos e cruceiros (calvaires) de diverso tipo: primitivos, simples, púlpitos, multifigurativos, etc. Cómpre ter en conta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combinado clásico do tipo dos tragos longos a base de ron branco, refresco de cola, un pouco de limón ou lima e moito xeo. Tivo a súa orixe en Cuba, na época das guerras da independencia a finais do s XIX. Orixinariamente, facíase con mel fervido ata obter un caramelo que despois se rebaixaba con auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mantel ornamental que se coloca sobre o mantel normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámina de vidro coa que se cobren as preparacións microscópicas para observalas e conservalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cobertura de malla metálica tupida e de forma semiesférica que se coloca sobre un prato para protexer o seu contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza metálica que se coloca nas chemineas e nas unións dunha cuberta cos parapeitos coa finalidade de dirixir as augas cara ao lugar de desaugamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao N da provincia, drenado polo río Múrtigas (2.184 h [1996]). O termo está moi accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena. A base da súa economía é a agricultura (oliveiras e cereais) e a gandería (ovina e porcina). Na industria destacan pequenas fábricas de material de construción e embutidos. Poboado dende a época celtibera, acadou a categoría de municipio romano. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo-fortaleza de Sancho o Bravo (s XIII), declarado Ben de Interese Cultural en 1895, e a igrexa de San Miguel Arcángel (ss XV-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou activamente na resistencia antifascista. Foi senador (1948-1958), deputado na Asemblea Nacional dende 1963 e deputado no Parlamento europeo dende 1979. Foi ministro de Xustiza (1958-1959), primeiro ministro (1959-1962), ministro de Finanzas (1966-1968), ministro de Asuntos Exteriores (1968-1969) e ministro de Defensa (1969-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou estudios de letras e arquitectura. A súa pintura atravesou unha fase impresionista, outra expresionista e, finalmente, chegou á abstracción. Dende os anos sesenta realizou amplas superficies monocromas nas que insería signos e demais elementos. Co paso do tempo, as súas obras acadaron un tamaño monumental. Realizou tamén esculturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Hajdú-Bihar, ao L de Budapest, Hungría (205.032 h [1991]). É un destacado núcleo industrial, principalmente de maquinaria agrícola e de produtos farmacéuticos. Fundada no s XIV, adquiriu preeminencia douscentos anos máis tarde, durante a ocupación turca. Foi coñecida co nome de Roma calvinista, por mor da importancia que tiveron alí as crenzas reformistas. No ano 1849 Kossuth proclamou a independencia de Hungría con respecto aos Habsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO