"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen contraeu un segundo matrimonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tabique móbil feito de follas de madeira fina, articuladas, empregado para dividir un espazo ou crear un recanto resgardado. Orixinariamente procede de Xapón, de onde chegou a Europa a través dos portugueses. Os máis apreciados son os do s XVIII.
-
REXIÓNS
Rexión de Guiné-Bissau (840 km2; 60.420 h [1991]). A capital é Biombo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está constituído por dúas sílabas.
-
Verso que consta de dúas sílabas.
-
-
PERSOEIRO
Meteorólogo. Estudiou na Universidade de Oslo, onde se doutorou (1924). Xunto co seu pai, Vilhelm Friman Koren Bjerknes, formulou a teoría da fronte polar (1920). Exerceu como profesor na Universidade de California (1939). Foi pioneiro na análise meteorolóxica mediante a fotografía aérea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Realizou estudios no Musikhochschule de Berlín (1924-1926), onde posteriormente exercería como mestre (1948-1970). Na composición de pezas escénicas, destaca a súa ópera Romeo und Julia (Romeo e Xulieta, 1943) e o ballet Tristan (1965); como compositor de música instrumental é relevante a peza Variaciones Paganini (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Combateu a ditadura de Juan Vicente Gómez e exiliouse a Francia e España, onde foi nomeado gobernador de Navarra polo goberno Lerroux (1934). Literariamente, iniciouse no Modernismo. Publicou Cuentos americanos (1904), El hombre de hierro (1907), Notas a las “Cartas de Bolívar” (1913) e Grandes escritores de América (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antílope de corpo esvelto e cornos liriformes, cunha gran mancha branca facial. Estes antílopes son propios da África austral, onde antigamente formaban grandes rabaños; actualmente, case exterminados, viven en reservas.
-
DISTRITOS
Distrito de Serra Leona, na rexión Meridional (5.219 km2; 268.671 h [1985]). A capital é Bo (26.000 h [1985]). É un centro administrativo e comercial, especialmente de café, cacao e aceite de palma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Axeitado para un fin asignado ou proposto e que satisface o seu obxecto.
-
Que é conveniente para o que se expresa.
-
Que non presenta problemas ou que resulta conveniente para o que se expresa. OBS: emprégase acompañado da preposición de.
-
Que resulta agradable aos sentidos.
-
Caracterizado pola bondade moral.
-
Que aínda serve ou que non está deteriorado.
-
Que se comporta ben, xeralmente un rapaz.
-
Que posúe as calidades de cantidade, intensidade, importancia, grandeza ou integridade.
-
Que non ten ningunha enfermidade ou doenza.
-
Fórmulas de saúdo empregadas segundo a parte do día correspondente. OBS: Este adxectivo presenta gradación sintética coas formas mellor (comparativo) e óptimo (superlativo).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo pazo episcopal de Mondoñedo situado en Santo Andrés de Masma. As obras foron trazadas por frei Lourenzo de Santa Teresa. O edificio está situado de modo perpendicular ao camiño de acceso, nun recinto amurallado. De planta rectangular en forma de U, a fachada, coa colocación simétrica das ventás, seméllase ás construcións urbanas. Na parte posterior presenta unha terraza montada sobre unha tripla arcada que traslada a tripla bóveda de canón sobre a que se sitúa. Reformado na década dos anos 60, foi cedido en 1981 á organización El Patriarca para convertelo en centro de rehabilitación de toxicómanos e para adaptarse ás novas funcións, experimentou unha nova remodelación. Sufriu un incendio en 1991.
-
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico turco. Alí se atopan as ruínas de Hatti, a capital do Imperio hitita situada ao O do gran meandro do río Halis (Anatolia), coñecidas dende o s XlX debido ás súas murallas. As escavacións, que proporcionaron máis de 10.000 táboas escritas en xeroglíficos hititas e en cuneiforme acadio, comezaron en 1906 baixo a dirección de Hugo Winckler.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade romana das boas colleitas, que se converteu no deus da boa sorte e dos éxitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar anexo ao mar Amarelo, na costa nor-oriental de China. Limita ao S coa península de Shandong, ao O coa provincia de Hebei, ao N, coa provincia de Liaoning e a península de Liaodong e ao L comunica co Huang Hai a través do estreito de Bo Hai. Alí desembocan o Huang He, o Hai He, o Jiyun He, o Luan He e o Liao He. A parte setentrional chámase golfo de Liaodong.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación alegórica de Xesús como un pastor que leva aos ombros unha ovella. A súa orixe sitúase no reparo dos primitivos cristiáns para representar a figura de Cristo, acudindo neste caso á figura do pastor que guía o seu rabaño, o pobo cristián. O modelo iconográfico deriva do crióforo grego. As primeiras representacións están nas catacumbas (frescos das catacumbas Domitila) e nos sarcófagos; despois realizáronse esculturas exentas (Bo Pastor das catacumbas, museo de Letrán). No xacemento romano de santa Marta de Lucenza (Ourense), atopouse unha figura do Bo Pastor realizada en mármore ou alabastro. Perdeu a parte inferior e hoxe aparece decapitado; de procedencia italiana, dátase nos ss IV ou V.
-
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico literario italiano. Existencialista católico, da súa obra cómpre subliñar Della letteratura e altri saggi (Da literatura e outras sabedorías, 1953), La religione di Serra (A relixión de Serra, 1967) e Aspettando il vento (Agardando o vento, 1976). No ano 1945 publicou un estudo acompañado dunha tradución de poesías de F. García Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Esgrima, practicada no Xapón, con bastóns longos manexados coas dúas mans.
-
-
Nome que se aplica a unhas cincuenta especies de serpes da familia dos boidos, que pertencen principalmente aos xéneros Constrictor, Eryx, Corallus, Eunectes, Charina, Epicrates e Enygrus. Son serpes aglifas de grandes dimensións, de corpo robusto e potente. Aliméntanse de mamíferos pequenos, de réptiles e de aves, que cazan preferentemente de noite e que matan por constrición, envolvéndoos co corpo; teñen a boca moi dilatable e tragan as presas enteiras; durante a dixestión, que é longa, permanecen en letargo. Moitas boas teñen costumes predominantemente arborícolas e pendúranse das árbores coa axuda da cola, que é algo prénsil. Viven xeralmente na selva, se ben algunhas habitan en lugares desérticos. Teñen unha distribución ampla: na parte occidental de América do Norte, toda a América tropical, as rexións peridesérticas do norte de África e o sueste de Asia, Oceanía (Nova Guinea e Melanesia) e algúns puntos de Indonesia. A súa pel adobada emprégase industrialmente....
-
Abrigo de pel, plumas, etc, en forma de serpe, que as mulleres levan arredor do pescozo.
-
-