"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

      1. Persoa que comercia con cera crúa.

      2. Persoa que se dedica a castrar colmeas.

      1. Burato situado na parte inferior dos toneis ou pipotes do viño onde vai colocada a billa.

      2. Burato que hai no fondo das caldeiras do alambique por onde se tiran os restos e as borras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias anaerobias móbiles da orde das espiroquetais, de 3 a 15 μm de lonxitude, que se envolven nunha espiral de 5 a 7 voltas dunha amplitude aproximada de 1 μm. Tínguense ben cos colorantes de anilina. As especies B. recurrentis, B. duttonii, B. turicatae, B. parkeri e B. hermisii son axentes causantes de distintas febres recorrentes e transmitidas por piollos, pulgas e carrachas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Enxeñería Aeronáutica e catedrático de Fundamentos de Análise Económica na Universidad Complutense de Madrid. Afiliouse ao PSOE en 1975. No 1979 foi secretario xeral de Orzamentos (1983-1984) e, entre 1984-1991, secretario de Estado de Facenda. Foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente entre 1991-1996. Tamén é portavoz de Orzamentos do PSOE e presidente da Comisión Mixta para a UE no Congreso. Entrou na executiva deste partido no 34º Congreso, en xuño de 1992. En 1998 e tras un proceso de eleccións primarias converteuse no candidato á Presidencia do Goberno polo PSOE, renunciando ao ano seguinte. Publicou entre outros textos: Métodos matemáticos para la economía (1981) e Al filo de los días (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, coñecido como Perejaume. Tratou amplamente o tema da paisaxe emparentando os pintores románticos e os vangardistas. Dende a pintura accedeu a outras disciplinas como a fotografía, o vídeo e tamén a poesía e o ensaio (Ludwig Jujol, 1989). Entre as súas obras destacan: Pinacoteca 48 (1991) e Rambla 61 (1993). Encargouse da decoración da sala de butacas do Gran Teatro do Liceo de Barcelona (1999). En 1999 o Museu d’Art Contemporani de Barcelona dedicoulle unha exposición retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (947-992), e de Urgell (948-992) ao morrer sen fillos o seu tío Sunifredo II. Rexeu os tres primeiros condados co seu irmán Miró ata o seu falecemento (966). A súa política tendía a manter boas relacións cos dous grandes poderes do seu tempo: o carolinxio e o califal, co fin de neutralizar un co outro e chegar a ser cada vez máis independente. A boa relación con Córdoba, evidente xa dende o 950, facilitou os intercambios comerciais e o ascenso económico. Aproveitou a debilidade dos últimos monarcas carolinxios para independizarse do poder franco. Semella que por iso Almanzor decidiu atacar Catalunya (6 de xullo do 985). Este feito deu lugar a un intento de restablecer os lazos co reino franco cara á fin do 985 e durante o 986, cando Borrell II lle pediu axuda. En vista da ineficacia do auxilio franco, a independencia foi consumada, axudada polo cambio de dinastía en Francia. En marzo do 988 Borrell II intitulouse “pola graza de Deus duque ibérico e marqués”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e poetisa cubana. Foi directora de cultura do ministerio de Educación e membro da Academia Nacional de Artes y Letras. A súa obra máis importante é Horas de mi vida (1912). Tamén publicou El matrimonio en Cuba (1914) e Poesías (1916). Recibiu en 1914 o Premio do Centenario de Gertrudis de Avellaneda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na comarca da Plana Alta (3.129 h [1996]). Os principais cultivos son os ervellos de Ceratonia e as oliveiras. Hai minas de ferro en explotación; na época romana explotáronse minas de prata. A proximidade da cidade de Castelló de la Plana favoreceu a localización no termo de actividades industriais, entre as que destaca a fabricación de mobles. A vila é de orixe romana. Foi conquistada por Xaime I en 1233. En 1356, o Rei Pedro III concedeulle o título de vila. Durante as guerras civís do s XIX foi escenario de batallas entre as tropas gobernamentais e as carlistas. Entre o seu patrimonio monumental destacan as pinturas rupestres de La Joquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pouso dun líquido que queda no fondo dun recipiente.

    2. Substancia de cor negra que se desprende do fume e se adhire ás paredes ou obxectos.

    3. Substancia escura que segregan algúns cefalópodos para defenderse.

    4. Cordeiro entre un e dous anos de idade.

    5. Fungo da orde das ustilaxinais, parasito das poáceas; as hifas poden invadir toda a planta e producir esporas que semellan un po negro nas súas flores ou inflorescencias. Estas esporas mestúranse coas sementes e, logo da xerminación da plántula, estas resultan infectadas. A especie Ustilago maydis presenta uns soros moi aparentes que, cando son novos, teñen aspecto de grandes bolsas nas inflorescencias do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Fonsagrada. As súas armas levan, en campo de azul, un borro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 cachazo.

    2. verrún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia patricia de Milán. Os seus descendentes foron condes milaneses de Arona (1445); destacaron Carlo Borromeo , cardeal e arcebispo de Milán, Federico Borromeo (1564-1631), marqués de Anguera, e Carlo Borromeo (falecido en 1734), grande de España (1708) e vicerrei de Nápoles (1710).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Arona, Lombardía 1538 - Milán 1584) Arcebispo de Milán (1564-1584) e cardeal (1560). Dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Escribiu numerosos sermóns e instrucións. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Castelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha producida ao caer unha gota de tinta nun papel ou ao riscar sobre algo escrito.

      1. Cada un dos pasadores de madeira que atravesan, pola parte exterior, os extremos do eixe do carro co fin de fixar e impedir que se desprendan as rodas.

      2. Tronco de madeira, groso e pequeno, que remata a armazón do lagar cando neste se van espremer as uvas xa antes pisadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, un lagar. Os troncos que atan a estrutura chámanse borróns. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Borróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 cachazo.

    2. Representación escultórica feita en pedra con forma de animal grande (porco, xabaril, touro, etc), propia da época castrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO