borro

borro
  1. s m

    Pouso dun líquido que queda no fondo dun recipiente.

    Ex: Sen darme conta tamén lle botei no vaso o borro que había na botella.

    Sinónimos: feces, madre.
  2. s m

    Substancia de cor negra que se desprende do fume e se adhire ás paredes ou obxectos.

    Ex: A causa do incendio as paredes enchéronse de borro.

    Sinónimos: feluxe, sarrio.
  3. s m

    Substancia escura que segregan algúns cefalópodos para defenderse.

    Ex: Na miña casa cómense moito os chocos co borro.

    Sinónimos: sepia, tinta.
  4. s m

    Cordeiro entre un e dous anos de idade.

  5. s m [FUNGO]

    Fungo da orde das ustilaxinais, parasito das poáceas; as hifas poden invadir toda a planta e producir esporas que semellan un po negro nas súas flores ou inflorescencias. Estas esporas mestúranse coas sementes e, logo da xerminación da plántula, estas resultan infectadas. A especie Ustilago maydis presenta uns soros moi aparentes que, cando son novos, teñen aspecto de grandes bolsas nas inflorescencias do millo.