feces

feces

(< lat feces)

  1. s f pl [FISIOL]

    Conxunto de materias constituído polas substancias sometidas a dixestión e eliminadas a través do orificio anal.

    Sinónimos: defecación, excreción, excremento.
  2. s f pl

    Sedimento de impurezas ou de partículas que forma o viño e outras substancias e que queda normalmente no fondo dos recipientes que o contén.

    Sinónimos: madre, pouso, fondón.
  3. s f pl
    1. Anacos de pan que se lle bota á manteiga cando se coce.

    2. Comida que se fai coa bola de fariña milla que se bota para clarificar a manteiga de vaca cando se coce, xunto coas borras desta, engadíndolle máis fariña e auga.

  4. s f pl

    Papas feitas de fariña milla.

Palabras veciñas

fecaloide | fecaloma | Fécamp | feces | Feces de Abaixo | Feces de Cima | fecha