"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Noia. Forma parte do convento de San Francisco, fundado en 1356 polo pai Francisco Suero, en Suero e trasladado en 1522 a Noia. Construída no s XVI en estilo gótico con elementos renacentistas, ten nave de planta de cruz latina con capela maior rectangular e dúas capelas máis formando o cruceiro. A cuberta é de tella. Conta cunha torre-campanario de tres corpos. No lado da epístola atópanse dous sarcófagos que se corresponden a Francisco Bermúdez de Castro e a Pedro Losada Contino, de 1575 e 1527, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre canteiro. Das súas obras destacan a igrexa de San Fins de Celeiros (Ponteareas), a capela do Santísimo da catedral de Tui (1788) e Santo Estevo de Beade (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Cavaleiro de Oliveira, pertenceu á Ordem do Nosso Senhor Jesus Cristo. Tempo despois, converteuse ao protestantismo, e publicou en Amsterdam Mémoires de Portugal (1741) e Cartas familiares (1741), e en Londres Amusement périodique (1751), Discours pathétique (1756) e Le Chevalier d’Oliveira brulé en effigie (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portorriqueño. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en París, onde foi compañeiro de Manet no taller de Couture e de Cézanne e Pissarro na Académie Suisse. Participou no Salon de 1865. Coincidiu estilisticamente cos impresionistas na súa primeira etapa, acusando máis adiante a influencia de Courbet. Realizou El estudiante, Un mendigo (1881), Las lavanderas (1887-1888) e El velorio (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Catedrático de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi investigador principal en diversos poxectos e autor de numerosos artigos en revistas especializadas, tanto estatais como estranxeiras. Traballou no campo dos cultivos celulares e das técnicas con radioisótopos e electrofisiolóxicas. É membro de diversas asociacións científicas, e foi socio fundador da Sociedad Española de Farmacognosia e Farmacodinámica. Dos numerosos premios que recibiu, destacan o Premio Eloy Díez (1984), o   Premio de la Sociedad Española de Química Terapéutica (1987), o Premio Dolores Trigo (1993) e o Premio de Investigación da Xunta de Galicia en Ciencias da Saúde (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Marchou para América en 1528 e en 1541 uniuse á expedición de Francisco Pizarro no Amazonas e este mandouno a colonizar Ecuador, onde fundou Guayaquil. Á volta de Pizarro a Quito, percorreu o curso do Amazonas e as costas de Venezuela. En 1545, intentou unha nova expedición a Nueva Andalucía, pero morreu no intento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista gráfico e pintor. Ilustrou numerosas novelas, realizou litografías e editou El Fisgón (1865), El Sainete (1867) e Jeremías (1869). Exiliouse en Francia en 1871 e publicou as súas ilustracións en diferentes xornais satíricos de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, debuxante e deseñador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, onde se instalou definitivamente. As súas obras presentan formas con trazos surrealistas e conseguen conxeniar o naturalismo e a expresión abstracta. Traballou a madeira, o ferro e, sobre todo, os metais preciosos e o bronce, onde desenvolveu formas naturalistas e fantásticas ou fantasiosas, e deu vida ao seu particular bestiario, poboado de curuxas e outras aves nocturnas, simios, corvos e cabras. Deseñou xoias, tecidos e diversos obxectos. A súa obra está presente, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo, director do gabinete de prensa da Universidade de Vigo e fundador e director do Seminario de Estudios Sociales. Traballou como xornalista en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego e La Hoja del Lunes de Vigo. Escribiu Justificación del estudo de lo jurídico en Galicia (1957), Perspectivas del Derecho Gallego (1958) e El pensamiento jurídico de Juan Francisco de Castro (1961). Recibiu o Premio Nacional de Alfabetización (1969), o Premio Extraordinario de Periodismo Manuel Peleteiro (1977) e o Premio Reconquista de Vigo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, deseñador gráfico e delineante. Coñecido como Paco Oti, estudou na Escola d’Estiu d’Acció Sòcio-cultural Interacció-84, en Barcelona. De volta en Galicia fixo numerosas mostras individuais e colectivas en Ferrol, Alemaña, Colombia e Italia. Colaborador de Teima, Can sen dono, As Roladas, El Ecologista e El Patito Feo, participou na dotación de fondos do Museo do Humor de Fene (1985) e traballou como escenógrafo para o Centro Dramático Galego. Recibiu o I Premio de banda deseñada Culturagalega.org-BDBanda (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Ourense. Realizado en estilo gótico, foi fundado no s XIII polos franciscanos, aínda que a igrexa e o claustro se contruíron entre 1313 e 1322. A igrexa trasladouse do seu emprazamento orixinal ata o parque de San Lázaro. O templo ten planta de cruz latina cunha nave no brazo maior e outra no cruceiro, e as ábsidas, con ventanais con vidreiras, cóbrense de bóvedas nervadas en forma de abano, que se apoian sobre columnas laterais. A portada é de estilo oxival cun arco trilobulado, arquivoltas apuntadas e rosetón. Destaca o claustro medieval, de planta case cadrada con portas baixomedievais e unha colección de capiteis que está formado por 63 arcos apuntados sobre piares cruciformes. Os monxes foron exclaustrados en 1835 e o mosteiro foi cuartel en 1843. O claustro e a igrexa foron declarados Ben de Interese Cultural en 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e crítico da arte. Autor de biografías de pintores e escultores galegos, das que destacan as realizadas para a colección Artistas galegos pintores. Escribiu Plástica Gallega (1981), Pintores gallegos del novecientos (1981), O mar na pintura e na poesía galegas (2002) e La pintura en Galicia (2003). Ademais prologou numerosos catálogos de exposicións e realizou os da Colección Caixanova (1993-1999) e do Museo Municipal Quiñones de León (1995). Colaborou en Atlántico Diario e La Voz de Galicia, traballou tamén na sección de cultura de Faro de Vigo. Foi finalista do Premio Nadal en 1958 coa novela Desbandada. Pertence á Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Ángel Mª de Pablos (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. No seu estudo sevillano iniciáronse Diego Rodríguez de Silva y Velázquez e A. Cano. Influído polo romanticismo manierista de finais do s XVI, na súa obra predominou a liña sobre a cor. En 1618 foi nomeado vedor das pinturas sagradas polo Tribunal da Inquisición. Das súas obras destacan un ciclo sobre a vida de san Pedro Nolasco, San Juan Bautista (1613), Cristo servido por los ángeles en el desierto (1616) e Inmaculada (1625-1626). Publicou El arte de la pintura (1649).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático e filatélico. Publicou Los enteros postales españoles del siglo XIX, Enteros postales de España (1873-1973), Dicionario de filatelia (1996) e a versión anotada Los sellos de correos de España y sus colonias (1991), da obra de R. Friederich Die Postwertzeichen Spaniens und seiner Kolonien.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Nicasio Pajares, estableceuse en Uruguay e Arxentina, onde fundou o diario El Despertar Hispano e colaborou en revistas como Alfar, Fomento de la Instrución Gallega, España e Mundo Argentino. Xa de volta en España, dedicouse a escribir novelas de tema americano e ton humorístico, como Teatro de la emigración (1922), El conquistador de los Trópicos (1923), coa que deu comezo o subxénero de “novela de ditadores”; e El pensador en la selva (1925). Tamén foi autor de obras como Don Quijote y Tío Sam (1930) e Cómo pervirtieron a Palleiros (1931). En xullo de 2004, as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela, no marco da mostra Padrón, berce de escritores, tentaron recuperar a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.

    VER O DETALLE DO TERMO