"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Sarcoma do tecido muscular estriado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Polonia, situada ao N das montañas de Kielce (231.341 h [2000]). É un centro metalúrxico, de fabricación de aparatos eléctricos, coiros e cigarros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión dos nobres polacos, dirixida polo príncipe K. S. Radziwiéé, gobernador de Lituania, que se formou na cidade de Radom en 1767. O seu obxectivo era manter os seus privilexios fronte aos dos non católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta de protección do sistema de antenas de radio e radar, especialmente das aeronaves, deseñada de xeito que permite o paso das ondas de radiación electromagnética sen provocar ningunha distorsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento estatístico utilizado para distribuír os individuos ao azar en distintos grupos de ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de vidro arredondado, ancho na base e de colo longo e estreito, curvado ou non, que se emprega sobre todo en destilacións de laboratorio e para gardar perfumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ribadavia. Datado no s XIII, foi un dos primeiros conventos dominicanos establecidos en Galicia e funcionou como casa de estudos. Da construción orixinal case non se conserva nada. Sufriu numerosas reformas, un incendio no s XV e en 1854 derrubáronse as dúas ás do edificio contiguas á igrexa, que quedou illada. Tras a exclaustración do s XIX coñeceu varios usos, como hospital ou escola, e finalmente como asilo de anciáns. A igrexa, convertida en parroquial, conta con partes románicas, góticas e renacentistas, e erixiuse entre os ss XIII e XV. Ten planta basilical con tres naves divididas en cinco tramos separados por arcos faixóns apuntados, e cabeceira con tres ábsidas poligonais. Na ábsida principal ten gravado o escudo dos condes de Ribadavia, que patrocinaron a construción desta parte do edificio. Destaca a escultura dos capiteis, relacionados en estilo coa Claustra Nova da catedral de Ourense, nos que se representan motivos vexetais, temas profanos e relixiosos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tecidos mortos da cortiza situados por fóra do felóxeno da raíz e do talo. Nalgúns casos despréndense en forma de placas (ritidoma escamoso) ou en forma de franxas anulares (ritidoma anelado), e noutros casos non se desprenden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (5.257 h [2001]). Destacan o gando porcino, a avicultura, e a industria farmacéutica, de plásticos agrícolas, de artes gráficas, alimentaria e do sector do metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodomeláceas.

    2. Alga da familia das rodomeláceas.

    3. Familia de algas ceramiais, da clase das rodofíceas, con talo plano e articulado, normalmente con moitas ramificacións. Entre os xéneros que pertencen a esta familia destaca pola súa presenza en Galicia o xénero Polysiphonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Fornelos, Salvaterra de Miño 1763 -?) Mestre de arquitectura e de escultura. Coñecido como o mestre de Fornelos, destacou polo seu peculiar tratamento de rostros e roupas nas súas tallas en madeira. Realizou o retablo de Santa María do Camiño en Santiago (1701) e o da capela da Preñada na catedral de Santiago (1703), así como diversos retablos en San Xoán de Fornelos. Para a catedral de Tui realizou o retablo da capela de San Pedro, os mobles de caixóns da sancristía, as caixas dos órganos, así como traballos de cadeirado e as cancelas de madeira para o altar maior. Atribúeselle o retablo maior do mosteiro das clarisas de Tui, o retablo maior do mosteiro de San Pedro de Tenorio e o retablo-baldaquino de Santa Cruz de Valomar en Covelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Membro de Mocidades Galeguistas, ao inicio da Guerra Civil Española ingresou na Lexión Estranxeira e despois no exército republicano. Estivo no campo de refuxiados de Argelès sur Mer e en 1939 foi evacuado a México, onde colaborou con diferentes asociacións de axuda á Segunda República Española. Membro do Padroado da Cultura Galega, colaborou en Saudade e Vieiros e no programa radiofónico “A Hora de Galicia”. Escribiu Matádeo Mañá. Memorias dun galeguista republicano entre a guerra e o exilio (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse en artes escénicas na Escola Superior da Música e Artes do Espectáculo do Instituto Politécnico de Porto. Cofundador de Teatro Bruto, traballou coas compañías Elsinor Teatro, Casahamlet, Galileo Teatro e Pífano Teatro. Ademais foi director da Aula de Teatro do Campus de Lugo (1998-2003), director da Aula de Teatro da Universidade da Coruña (a partir de 2003) e axudante de dirección xunto a Manuel Lourenzo na compañía UVE-GA. Participou nas series de televisión A familia Pita (1997), Pratos combinados (2000) e Fíos (2001). Escribiu Manuel Lourenzo. Vivir para o teatro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor cubano. O seu estilo sitúase dentro da chamada Nueva Trova Cubana. Da súa discografía destacan Días y flores (1975), Unicornio (1982), a triloxía Silvio (1993), Rodríguez (1994) e Domínguez (1996); Descartes (1998), Expedición (2002) e Cita con Ángeles (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. De orixe galega, formouse nos conventos de Salamanca e Valladolid e dedicouse ao ensino. Desde 1808 foi prior do convento salmantino. En 1815 recibiu o título de xeral da Orde co maxisterio en Teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi o primeiro español en obter o grao de doutor en Misionoloxía polo Instituto Misional Científico de Propaganda Fide. Estivo nas misións en Marrocos (1936) e Roma (1937), e en Pontevedra dirixiu a Unión Misional Franciscana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Obtivo o título en 1833 pola Academia de Matemáticas y Nobles Artes de la Concepción de Valladolid. Ata 1869 foi arquitecto provincial de Valladolid. Instalouse en Vigo onde foi arquitecto municipal (1881-1886) e foi tamén arquitecto diocesano de Tui e Santiago de Compostela. Traballou co seu fillo Alejandro Rodríguez-Sesmero González (Valladolid ?-?), titulado como mestre de obras en 1871 e arquitecto municipal de Pontevedera e Vigo. Moitos dos seus proxectos están asinados polos dous ao non ter este último o título de arquitecto. Introduciron en Vigo o eclecticismo retórico. Das obras de Domingo destacan os edificios situados entre a rúa García Barbón 4 e República Arxentina, organizadas en planta baixa e andar, a casa de Marcelino Barreras (1882) e fóra de Vigo as casas do concello de Vilagarcía de Arousa (1886-1890) e Ponteareas (1894) e a fachada de San Marcos de Corcubión (1885). Das obras proxectadas por Alejandro destacan as casas Odriozola (1873),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Doutor en Teoloxía, emigrou a Arxentina e foi catedrático de Relixión e Agricultura na Escuela Universitaria Nacional de Tucumán. Publicou Los españoles en la celebración del centenario de la Independencia de Argentina (1916), El sacerdocio católico (1920), El protestantismo (1923), El laicismo (1934) e El Divino Redentor (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coexistencia, nunha mesma persoa, de pulsións sádicas e masoquistas.

    VER O DETALLE DO TERMO