Rodríguez de Pazos, Domingos
(Fornelos, Salvaterra de Miño 1763 -?) Mestre de arquitectura e de escultura. Coñecido como o mestre de Fornelos, destacou polo seu peculiar tratamento de rostros e roupas nas súas tallas en madeira. Realizou o retablo de Santa María do Camiño en Santiago (1701) e o da capela da Preñada na catedral de Santiago (1703), así como diversos retablos en San Xoán de Fornelos. Para a catedral de Tui realizou o retablo da capela de San Pedro, os mobles de caixóns da sancristía, as caixas dos órganos, así como traballos de cadeirado e as cancelas de madeira para o altar maior. Atribúeselle o retablo maior do mosteiro das clarisas de Tui, o retablo maior do mosteiro de San Pedro de Tenorio e o retablo-baldaquino de Santa Cruz de Valomar en Covelo.