Rodríguez de Legísima, Carme
Pintora, irmá de Xoán Rodríguez de Legísima. Coñecida como Carme Legísima, foi autodidacta. Nas súas obras, de corte clásico e realista, predominaron os trazos grosos e as cores escuras, que lle deron un ton dramático. Cultivou o retrato (Meus pais, Miña irmá, En familia, Retrato do muiñeiro), a paisaxe, na que representou grandes espazos, o bodegón (Bodegón con pan e cereixas, Cereixas, Azucenas, Bodegón con flores) e a temática relixiosa (Oseira, Santa Teresiña). Recibiu a segunda medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1943) e a Medalla do Salón de Otoño de Madrid (1948). A súa irmán Matilde Rodríguez de Legísima (Ourense 1902-?) foi tamén pintora. Centrouse nos retratos de nenos (Niño de las cerezas), na representación de flores (Rosas y dalias) e nos bodegóns (Bodegón con flores).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Piñor -
Deceso
Lugar : Vigo