"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

      1. Relativo ou pertencente á persoa.

      2. Que é propio e particular dunha persoa.

    1. Que se realiza directamente por unha persoa e non a través dunha representación.

      1. Que se pode ver afectado pola categoría gramatical de persoa.

      2. pronome persoal

        pronome persoal.

      1. Conxunto de persoas que traballan nunha empresa. Hai diferentes criterios de clasificación, segundo que faga referencia á súa cualificación (especializado, non especializado), á función específica do seu traballo (manual, administrativo) ou ao lugar xerárquico correspondente (persoal de dirección, de execución e outros).

      2. cadro de persoal

        cadro de persoal.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa pública de relevancia pola súa posición social ou pola súa actividade profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ha de ser ben recibida polo goberno do país ao que foi destinado para tarefas diplomáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa cuxa presenza nun territorio ou país non é ben vista polo goberno do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á corola bilabiada e coa gorxa pechada por un abombamento do labio inferior chamado padal. Son típicas das plantas da familia das escrofulariáceas, como por exemplo a boca de dragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Beneficio eclesiástico, sen xurisdición nin oficio, pero con cadeira especial e honorífica no coro.

    2. Persoa que ostenta o cargo de personado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Organización dinámica e integradora dos compoñentes psicolóxicos (intelectuais, afectivos e pulsionais) e biolóxicos (fisiolóxicos e morfolóxicos) do individuo humano, tanto nas súas características diferenciais permanentes (carácter, temperamento e constitución) como nas súas propias modalidades de comportamento (intereses, necesidades, etc). Pódense ordenar as diferentes teorías da personalidade segundo tres grupos principais: o primeiro, o das teorías tipolóxicas que están baseadas na fisioloxía e química corporais (antiga doutrina dos humores, teoría moderna do equilibrio endocrinolóxico) ou na forma física dos corpos (tipoloxías de Kretschmer, Scheldon, etc); o segundo é o das teorías que describen as variedades da personalidade segundo varias escalas de clasificación, cada unha das que representa un trazo (clasificacións de Allport, Cattell, etc) e o terceiro, o das teorías que identifican a personalidade co desenvolvemento do individuo a partir da súa propia experiencia (teoría psicanalítica,...

      2. Calidade ou circunstancia de ser unha determinada persoa.

      3. Conxunto de trazos característicos dunha persoa que a distinguen das demais.

      4. Maneira de ser dunha persoa que ten o carácter moi acusado.

    1. persoeiro.

    2. Conxunto de datos relativos a unha persoa en virtude dos que esta se diferenza de calquera outra no ámbito da sociedade. Integran a personalidade civil o nome e o apelido da persoa, o lugar e a data de nacemento, o estado civil e o domicilio.

    3. Capacidade que ostenta unha persoa xurídica para ser suxeito de todas as relacións de dereito, exceptuadas as propias da natureza humana (parentesco ou matrimonio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou feito de personalizar ou de referirse a unha persoa determinada.

      1. Actitude ou tendencia filosófica que concede a primacía, no conxunto da realidade, á persoa ou dimensión persoal, que se ve transcendendo o ámbito físico-biolóxico en virtude dunha autonomía e liberdade radicais. Tivo un particular ascenso en América do Norte, desde principios do s XX (Bowne, R. T. Flewelling) e en Francia, a partir da década de 1930.

      2. Corrente filosófica personalista francesa de inspiración cristiá e iniciada cara á década de 1930, caracterizada como un intento de superar á vez o individualismo e a despersonalización, propia tanto da sociedade contemporánea como das tendencias totalitaristas que reducen ao home a puro momento ou instrumento da colectividade estatal. Un dos seus representantes máis destacados foi E. Mounier.

    2. Tendencia a vincular os intereses comúns aos persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao personalismo.

    2. Seguidor do personalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de personalizar

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aludir ou referirse a unha persoa determinada para atribuírlle algo.

    2. Dar certo carácter persoal a algo, adaptándoo a uns determinados gustos.

    3. Empregar como persoal algún verbo impersoal ou unipersoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. persoeiro.

      2. Persoa que goza de certa relevancia por algún motivo.

    1. Persoa, animal ou ser ideado por un escritor que toma parte na acción dunha obra literaria, teatral ou cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de personificar.

    2. Persoa que representa ou en que se personifica algo.

    3. prosopopea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuír accións e calidades propias dunha persoa a un ser irracional ou a unha cousa inanimada ou abstracta.

    2. Representar alguén un modelo ou ter as características dunha cousa, calidade, defecto ou idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico francés. Descubriu con Payen a diastase (amilase), e puxo en evidencia o envelenamento por fósforo. Tamén descubriu un método de obtención do metano a partir de ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica de representar obxectos tridimensionais sobre unha superficie bidimensional de xeito que, cando se mira cun só ollo, inmóbil e posta á distancia xusta, a imaxe perspectiva coincide coa que daría a visión directa. Tamén se inclúen os métodos e maneiras de representar ou suxerir a profundidade espacial sobre o plano pitórico. Aínda que en Grecia xa coñecían un sistema de formulación da perspectiva e que nos obradoiros dos pintores italianos dos ss XIII e XIV existían esquemas xeométricos e formulas empíricas de redución de obxectos ou planos, foi o humanismo florentino quen abriu o camiño á perspectiva artificialis ou á tradución da óptica e á xeometría en termos plásticos ou de ciencia da representación da visión (Trinità, fresco de Masaccio en santa Maria Novella, Florencia, 1425-1427): non obstante, a tradición atribuíulle este cambio a F. Brunelleschi. Destacaron tamén as formulacións teóricas de L. B. Alberti (De pitura, 1435) e as investigacións de...

      2. Construción ou representación xeométrica dun obxecto tridimensional sobre unha superficie bidimensional.

      3. perspectiva aérea

        Perspectiva que se ocupa da representación do aire ou a atmosfera que envolve os obxectos ou escenas e que segundo as horas do día, a intensidade da luz, a claridade da atmosfera, etc, se modifíca a ambientación. Un exemplo son as obras de Veláquez Las Meninas e Las Hilanderas e os cadros dos impresionistas que trataron de representar a luz e o aire que envolve a paisaxes, obxectos ou espazos.

      4. perspectiva aérea

        Perspectiva utilizada en certos trazados panorámicos topográficos, nos que, ao situar o punto de vista a bastante altura, ofrecen a visión dunha vista aérea da paisaxe.

      5. perspectiva axonométrica

        Sistema de representación que consiste en referir os obxectos que han ser representados aos planos dun triedro trirrectángulo (planos coordenados) e proxectalos, despois, sobre un cuarto plano (plano do cadro) oblicuo aos anteriores (axonometría). Pódese escoller a orientación do plano do cadro de xeito que corte o triedro de coordenadas segundo un triángulo equilátero, isóscele ou escaleno, feito que daría lugar a tres sistemas axonométricos diferentes, chamados, respectivamente, perspectiva isométrica, perspectiva diamétrica e perspectiva trimétrica.

      6. perspectiva cabaleira

        Proxección cilíndrica oblicua dun corpo sobre o plano de proxección (plano do cadro).

      7. perspectiva central/polar

        Sistema de representación en que as liñas proxectantes pasan por un punto fixo chamado centro de proxección ou polo.

      8. perspectiva cónica

        Perspectiva central de representación cuxo centro de proxección ou polo é o ollo do observador. Unha perspectiva cónica chámase paralela cando as liñas horizontais do obxecto que se quere representar están as unhas paralelas ao plano do cadro e as outras perpendiculares, e oblicua cando estas liñas se representan oblicuamente respecto ao plano do cadro.

      9. perspectiva lineal

        Perspectiva que representa os obxectos en calquera dos sistemas de perspectiva, utilizando como medio de expresión soamente a liña. Ao cinguirse aos bordos dos obxectos dá unha imaxe precisa, polo que é a máis utilizada para trazados xeométricos, planos e debuxos técnicos.

    1. ...

    1. Doutrina pola que as cousas e o mundo en xeral teñen que ser considerados desde diferentes puntos de vista, pois con cada un ofrece unha perspectiva única e indispensable para o coñecemento do conxunto. A monadoloxía de G. H. Leibniz pode considerarse perspectivismo. No pensamento contemporáneo son numerosas as figuras que elaboraron o concepto de perspectiva ou que propuxeron métodos perspectivistas, como Jean-Paul Sartre, M. Merleau-Ponty, B. A. W. Russell, A. N. Whitehead ou J. Ortega y Gasset.

    2. Técnica narrativa que consiste en presentar os feitos narrados desde diversos puntos de vista co fin de mostrar a complexidade do que se intenta describir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao perspectivismo.

      2. Seguidor do perspectivismo.

    1. Persoa que cultiva a perspectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á perspectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO