"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • Bispo de Utrecht (Holanda). Na iconografía viste de pontifical con capa e mitra e leva como atributos un báculo, a palma do martirio e unha espada (símbolo do seu martirio); ás veces, tamén aparece atravesado cunha ou varias espadas. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica Frithurik, composto por frithu ‘protección, seguridade’, ‘posesión cercada e defendida’, ‘paz’, e rîchi ‘señor’, ‘rico’. A forma feminina correspondente é Federica. As variantes son Frederico/Frederica. San Federico (s IX) celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e cronista alemán. Enviado pola familia Welser a América, explorou entre 1529 e 1540 a área de Venezuela e Colombia. En 1538 participou na fundación de Santa Fe de Bogotá. Foi autor da Historia indiana (1557).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. En 1938 marchou a Florencia a traballar como debuxante da banda deseñada Flash Gordon e tamén tivo outros traballos de guionista antes de colaborar con Roberto Rossellini na dirección de Roma, città aperta (Roma, cidade aberta, 1945). Este feito marcou o seu inicio como realizador dun gran número de películas, entre as que cómpre destacar Lo sceico bianco (O xeque branco, 1952), La strada (1954), Le notti di Cabiria (As noites de Cabiria), La dolce vita (1960), Otto e mezzo (Fellini, oito e medio, 1963), Fellini Satyricon (Satiricón, 1969), Roma (1972), Amarcord (1973), Intervista (Entrevista, 1987) e La voce della luna (A voz da lúa, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda pequena e estreita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Estudiou belas artes na Universidade de Vigo (1997). Dende 1995 realizou exposicións individuais e colectivas de pintura e gravado. Polo seu primeiro traballo como ilustrador Onde perdeu Lúa a risa?, de M. Sánchez Moreiras (2001), recibiu o Premio Nacional Ilustración de Libros Infantiles y Juveniles 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1948 viaxou coa súa familia a Venezuela. En 1969 comezou a traballar na Universidad Central de Venezuela (UCV) e asistiu a clases de fotografía de Carlos Herrera na facultade de Ciencias. Despois dunha viaxe por Chile, en 1974 organizou a súa primeira exposición no Museo de Arte Moderno de Mérida (Venezuela). Nas súas imaxes amósase un interese pola ironía, as imaxes borrosas e os ángulos esaxerados. É autor das series Nicaragua en tiempo de guerra (1984), Mi padre el inmigrante (1996) e Brainstorm (1996); publicou ademais Las estatuas de Caracas (1994). Expuxo a súa obra no Consejo Venezolano de Fotografía (1979) e na Galería de Arte Nacional de Caracas (1994). De forma colectiva participou na V Fotobienal de Vigo (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escocés. Formado na University of Edinburgh (1825-1827), graduouse en artes na University of Oxford en 1831 e trasladouse pouco despois a Heidelberg para estudar a filosofía alemana. Foi profesor de historia na University of Edinburgh (1842) e de filosofía moral e política económica na University of Saint Andrews (1845). Defendeu unha concepción da filosofía sistemática polo que a dividiu en epistemoloxía ou ciencia do coñecemento verdadeiro; en agnoseoloxía ou ciencia da verdadeira ignorancia; e en ontoloxía ou ciencia do que existe realmente. Das súas obras destacan Institutes of metaphysic: the theory of knowing and being (Institucións metafísicas: teoría do coñecemento e do ser, 1854) e Lectures on Greek Philosophy and other philosophica remains (Lección de filosofía grega e outros restos filosóficos, 1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Federico Barocci, cultivou un manierismo a medio camiño entre Correggio e Taddeo Zuccari e foi precursor da pintura barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se obtén un combustible sintético por hidroxenación do gas de auga, mestura de monóxido de carbono e de hidróxeno, que resulta de tratar o coque con vapor de auga a temperaturas elevadas. Cómpre tratar a mestura con catalizadores de óxidos metálicos. A primeira fracción necesita, para que se poida utilizar, un proceso de reformación e a adición de antidetonantes. A fracción dun punto de ebulición máis alto é moi apropiada para os motores diesel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que ten os dedos separados na base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou unha pintura social incluída na corrente do naturalismo do s XIX (Serventa vella) e unha pintura simbolista de tipo idealista (Arroio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Federico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Dinamarca, na illa de Sjaelland, dentro da área metropolitana de Copenhaguen (9 km2; 90.327 h [2000]). O seu territorio está totalmente rodeado pola capital. Contén unha área de recreo, un sector residencial e unha área industrial. Do seu patrimonio cultural destacan a Real Fábrica de Porcelana de Copenhaguen, o palacio de Frederiksberg (1609-1703) e os xardíns de Frederiksberg, dentro dos que destacan o pavillón chinés (1799), o Apistemplet (1802) e o Kildegrotten (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amt de Dinamarca, ao NO da illa de Sjaelland (1.347 km2; 365.306 h [2000]). A cidade principal é Hillerød (36.453 h [2000]). O castelo que lle dá nome, construído entre 1602 e 1625, é museo de historia nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico belga coñecido como Jacques Feyder. Foi un dos creadores do naturalismo poético cinematográfico. Foi premiado na Mostra de Venezia en 1936 por La kermasse héroïque. Outros filmes seus son Carmen (1926), Thérèse Raquin (1928) e Pension Mimosas (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor en Toulouse e en Lyon, onde foi tamén director do observatorio astronómico. Fixo un gran número de investigacións sobre xeometría diferencial e estableceu o triedro e as fórmulas que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.

    VER O DETALLE DO TERMO