Federico/Federica

Federico/Federica
[ONOM]

Antropónimo de orixe xermánica Frithurik, composto por frithu ‘protección, seguridade’, ‘posesión cercada e defendida’, ‘paz’, e rîchi ‘señor’, ‘rico’. A forma feminina correspondente é Federica. As variantes son Frederico/Frederica. San Federico (s IX) celébrase o 18 de xullo.