"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. Naturalizado estadounidense, a súa obra, de características expresionistas e realistas, amosou unha concepción pesimista da vida a través dun refinado sentido estético. Da súa filmografía destacan Sehnsucht (Desexo, 1921), Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (Nosferatu, unha sinfonía de terror, 1922), Der Letzte Mann (O derradeiro home, 1924), Faust (1926), Sunrise: A Song of Two Humans (1927, Oscar á mellor película, 1929) e Tabu (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo termo da escala estratigráfica do Triásico xermánico entre o Buntsandstein e o Keuper.
-
PERSOEIRO
Botánico suízo. As súas investigacións sobre citoloxía vexetal permitíronlle formular o concepto de meristema, a teoría micelar sobre a estrutura íntima da madeira e unha orixinal visión da evolución orgánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro prusiano. Exerceu o oficio de reloxeiro no seu país, pero en 1830 compareceu en París e afirmou ser o herdeiro de Luís XVII. Foi expulsado de Francia en 1836.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos nematohelmintos.
-
Organismo do filo dos nematohelmintos.
-
Filo de organismos triblásticos, pseudocelomados, non segmentados, filiformes e con simetría bilateral que comprende a clase dos nematodos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
neogrego.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte alemán. Estudou os manuscritos iluminados hispánicos, e centrouse especialmente na ilustración das biblias catalás de Ripoll e Rodas (s XI), fonte de inspiración para a Apocalipse de A. Dürer. Codirixiu as Spanische Forschungen der Görresgesellschaft.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Os seus traballos caracterizáronse por unha mestura de glamour, sexo e imaxe teatral, con especial interese pola imaxe feminina núa en branco e negro. Retratou a Paloma Picasso, Pierre Cardin e Naomi Campbell, entre outros, e as súas fotografías apareceron en Vogue, Stern, Elle, Queen e Playboy. Publicou White Women/Femmes Secrètes (1976), Sleepless Nights/Nuits Blanches (1978) e Helmut Newton: Novas Imaxes (1989), e protagonizou os documentais Helmut Newton (1978) e Frames from the Edge (1988). Recibiu o premio do Instituto de Artes Gráficas de América (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés, duque de Elchingen e príncipe de Moscova. Mariscal desde 1804, en 1809 foi enviado por Napoleón I Bonaparte á Península Ibérica para someter Galicia á obediencia de Xosé Bonaparte, pero foi derrotado polos galegos na Batalla de Ponte Sampaio. Nomeárono príncipe de Moscova despois da Batalla de Borodino (1812) e en 1814 apoiou a abdicación de Napoleón I e uniuse a el durante os Cen Días. Despois da Batalla de Waterloo (1815) foi detido e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
veza.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. De formación humanística, estudou teoloxía e filoloxía. Entusiasmado coa filosofía de Schopenhauer e simpatizante, como músico, de Wagner, destacou pola súa crítica radical da relixión e do ambiente cultural e social. Unha forma esquizofrénica e expansiva de parálise estacionaria levouno á demencia cara a 1889. Defendeu unha filosofía vitalista, nun intento de comprender e de proxectar a actividade creadora, que pretendeu unha observación directa do idealismo e do dualismo mediante a intuición proxectiva. No ámbito lingüístico-artístico, estableceu o apolíneo e o dionisíaco como forzas antagónicas imprescindibles para a creación estética. Denunciou o fenómeno histórico-cultural do nihilismo e a morte de Deus, que o levaron á reflexión sobre como estiveron feitas ata o momento a relixión e a teoloxía; afirmou que Europa só podería superar o nihilismo se aceptase o momento histórico presente, co cambio de valor de todos os valores. Así mesmo, estableceu unha análise da linguaxe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e astrólogo. Coñecido como Nostradamus, realizou importantes prognósticos astrolóxicos e exerceu a medicina no tempo dos últimos Valois. Publicou unhas profecías (Centúries, 1557) froito da súa dedicación á matemática e á astroloxía. A medida que algúns dos seus presaxios se cumprían, a súa fama medrou e chegou a converterse nun mito popular. O seu irmán Jean de Nostre-Dame (Saint-Rémy-de-Provence 1507?-Aix-en-Provence 1577), foi procurador ante o Parlamento de Lyon. Creou unhas Vies des plus célèbres et anciens poètes provençaux (1575), cheas de falsidades. O seu sobriño, fillo de Michel, Cesar de Nostre-Dame (Salon-de-Provence 1555-Saint-Rémy-de-Provence 1629) publicou Histoire et chronique de Provence (1614), de espírito realista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e físico alemán. En 1797 deu a coñecer un método, denominado co seu nome, para determinar órbitas de tipo parabólico. Redescubriu o primeiro asteroide, Ceres, baseándose nos cálculos da órbita feitos por Gauss. En 1802 descubriu o segundo asteroide, Palas, e en 1807 o cuarto, Vesta e en 1815 un cometa periódico que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutor en Teoloxía, estudou hebreo, grego, arameo, sirio e árabe. Foi catedrático de Hebreo na Universitat de València (1788-1789) e, posteriormente, nos Estudios Reales de Madrid. Ideou a teoría fonética do triángulo vocálico ou orcheliano segundo a que a vibración do aire se efectúa na gorxa, no padal e nos beizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma excitada do átomo de helio en que un dos seus dous electróns pasou ao nivel 2s e ambos os dous electróns presentan spins do mesmo signo, o que orixina un espectro electrónico formado por tres raias.
-
PERSOEIRO
Químico. Estudou na Universidade de Dorpat. Estableceu a lei de dilución que leva o seu nome (1888), estudou a catálise e desenvolveu unha nova teoría da cor. Como filósofo da ciencia, recórdase pola súa obra Vorlesunge über Naturphilosophie (Leccións sobre filosofía natural, 1902). En 1909 recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre catálise e as súas investigacións sobre os principios que gobernan o equilibrio químico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Traxedia escrita por W. Shakespeare ao redor de 1602. O personaxe central, Othello, xeneral mouro a servizo de Venecia, asasina por celos a súa muller, Desdémona, a raíz das pérfidas insinuacións de Iago. Ao darse conta do seu erro, Othello decide quitarse a vida. A obra inspirou outros dramas teatrais, como o de I. F. Ducis (1792) e o de Alfred de Vigny (1892); musicais, como o de Rossini (1816) e o de G. Verdi (1887); e cinematográficos, como o de O. Welles (1952).
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. A súa obra, centrada principalmente na temática psicolóxica e social, é a ponte entre o expresionismo e o naturalismo alemán. Da súa produción destacan Die freudlose Gasse (A rúa sen alegría, 1925), Geheimnisse einer Seele (Misterios dunha alma, 1926), Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1929), Das Tagebuch einer Verlorenen (Tres páxinas dun diario, 1929), Der Prozess (O proceso, 1948) e Der letzte Akt (O derradeiro acto, 1955), sobre a caída do Terceiro Reich.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés de orixe polaca. Formouse en París con Paul Abadi e traballou con Louis Jules Bouchot e en 1882 foi aceptado na Societé Centrale des Architectes. En París coñeceu a Bieito Sanjurjo y Ramírez de Arellano, a través do que puido establecer, durante a Exposición Universal de 1889, os primeiros contactos con membros da sociedade viguesa. A súa obra reflicte a corrente ecléctica neomedievalista. As primeiras obras realizadas en Vigo e arredores datan de 1888 aínda que non se instalou na cidade ata 1904. Realizou a ampliación do pazo de Torre Cedeira (1888); o edificio Acuña Soaje (1897), sede do Banco de Galicia; a casa Bárcena (1897), coñecida como o Hotel Moderno; a Escola de Artes e Oficios (1898); a casa Arana (1898); a casa Yáñez (1900); as casas de Oya (1904); a casa Núñez (1904); a casa Silva (1907); o cine Odeón (1916); e outros edificios para Manuel Bárcena Franco, conde de Torre Cedeira, e Bieito Sanjurjo, ademais de panteóns e mausoleos funerarios.
VER O DETALLE DO TERMO