Pacewicz, Stephane Michel Jean

Pacewicz, Stephane Michel Jean

Arquitecto francés de orixe polaca. Formouse en París con Paul Abadi e traballou con Louis Jules Bouchot e en 1882 foi aceptado na Societé Centrale des Architectes. En París coñeceu a Bieito Sanjurjo y Ramírez de Arellano, a través do que puido establecer, durante a Exposición Universal de 1889, os primeiros contactos con membros da sociedade viguesa. A súa obra reflicte a corrente ecléctica neomedievalista. As primeiras obras realizadas en Vigo e arredores datan de 1888 aínda que non se instalou na cidade ata 1904. Realizou a ampliación do pazo de Torre Cedeira (1888); o edificio Acuña Soaje (1897), sede do Banco de Galicia; a casa Bárcena (1897), coñecida como o Hotel Moderno; a Escola de Artes e Oficios (1898); a casa Arana (1898); a casa Yáñez (1900); as casas de Oya (1904); a casa Núñez (1904); a casa Silva (1907); o cine Odeón (1916); e outros edificios para Manuel Bárcena Franco, conde de Torre Cedeira, e Bieito Sanjurjo, ademais de panteóns e mausoleos funerarios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chataeu

  • Deceso

    Lugar : Gontier

  • Deceso

    Lugar : Vigo